Saltar ao contido

Maximino Pérez Abuín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaximino Pérez Abuín
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Lousame, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

Maximino Pérez Abuín, nado en Lousame en 1961, é un escritor e comunicador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Diplomado en relacións laborais pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciouse en ciencias do traballo pola Universidade Aberta de Cataluña e en comercio internacional na Universidade de Santiago de Compostela. Técnico superior en prevención de riscos laborais, fíxose coñecido por colaborar con temas sobre tráfico e automóbil no magacine diario da Radio Galega, A Tarde.

En 2017 publicou a novela La historia de Laura Scott, ambientada en Lousame.

  • La historia de Laura Scott (HFD Editorial, 2017)
  • Mino. Onde está a miña escola? (2018)