Maximus
Maximus é a mascota do Club Baloncesto Breogán de Lugo, equipo de baloncesto que compite na Liga ACB. Representa a un león antropomórfico que viste as cores do club. O seu nome é na honra dun dos fundadores da cidade de Lugo Paulo Fabio Máximo. O 15 de febreiro de 2019 foi escollido como a mellor máscota da ACB nun concurso por votación popular,[1][2] trofeo que repetiu o 20 de febreiro de 2022 e o 18 de febreiro de 2023. Actualmente é interpretado por Susana Paz, xunto coa colaboración de varios membros do club.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Máximus foi creado no ano 2011 da man de Yolanda Tajes Lariño a raíz dunha aposto co entón director deportivo do Breogán, Cristino Menor.[4] Após a saída de Rubén Domínguez como adestrador do club e a chegada de Pepe Rodríguez, Yolanda Tajes propuxo que se o equipo xogaba os playoffs polo ascenso se converetería na mascota do club. Escolleuse a forma dun león debido a que este animal é o símbolo do club,[4] o cal provén dos leóns que estaban antigamente na Praza Maior (hoxe reproducidos á beira do Parque de Rosalía).[5] Durante os primeiros anos a mascota participaba menos nos encontros, máis co paso do tempo o club decidiu incorporalo a todas as actividades posíbeis, desde os propios partidos até visitas ao hospital e outras actividades solidarias. Desde o club dotouse a Máximus dunha personalidade para poder facelo máis identificábel.[5]
Baile de mascotas
[editar | editar a fonte]Na temporada 2018−19 a Liga ACB organizou un concurso a través de Twitter para elixir á mellor mascota da competición por medio de votación popular, de forma que se disputaban diferentes eliminatorias dun contra un até decidir o campión. Maximus chegou á final após derrotar en cuartos de final ó ganso Petroni (Obradoiro CAB) e en semifinais a Auri (Iberostar Tenerife).[6] Na final derrotou a Pam, mascota do Valencia, despois dunha votación con 14.684 participantes. Co regreso do Breogán á ACB en 2021, Maximus volveu gañar o concurso de Baile de Mascotas. Esta vez, venceu na final a Lynx, mascota do Casademont Zaragoza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Penoucos, Xosé Ramón (15 de febreiro de 2019). "O breoganista Maximus gaña o concurso de mascotas da ACB". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ "Maximus, rey del Baile de Mascotas de la ACB". El Progreso. 15 de febreiro de 2019.
- ↑ Freire, José Manuel (19 de xaneiro de 2019). "Ellos mueven los hilos de Máximus". El Progreso.
- ↑ 4,0 4,1 Cela, Dolores (4 de agosto de 2017). "A mascota do Breo naceu dunha aposta". La Voz de Galicia.
- ↑ 5,0 5,1 Gómez, Millán (13 de febreiro de 2019). "Maximus é un personaxe moi importante no club". Lugo Xornal.
- ↑ "¡Maximus ya está en la final del baile de mascotas de la Liga Endesa!". El Progreso. 18 de xaneiro de 2019.