Saltar ao contido

Medalla da Folga de Fame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla da Folga de Fame
Hunger Strike Medal

Medalla concedida en 1912
a Myra Sadd Brown

Outorgada pola Unión Social e Política de Mulleres do Reino Unido
Tipo Recoñecemento.
Graos Barra esmaltada adicional na fita no caso de alimentación forzada.
Elixibilidade Presas sufraxistas.
Outorgada por Participación en folga de fame durante a estadía en prisión.
Descrición Medalla redonda de prata pendurada dunha fita.
Anverso: HUNGER STRIKE.
Reverso: nome da receptora.
Pasador: FOR VALOUR
Estadísticas
Establecida Agosto de 1909
Premiados 95 coñecidas.

A Medalla da Folga de Fame é unha medalla de prata que estivo vixente entre agosto de 1909 e 1914,[1] concedida pola dirección da Unión Social e Política das Mulleres (WSPU) a mulleres sufraxistas presas que se declararon en folga de fame mentres cumprían condena nas prisións do Reino Unido por actos de militancia na súa campaña a favor do sufraxio feminino. Moitas destas mulleres foron alimentadas á forza e as súas medallas individuais reflicten ese feito cun distintivo.[2]

Antecedentes e contexto

[editar | editar a fonte]
Sufraxistas en folga de fame en 1909.

O 5 de xullo de 1909, a artista e sufraxista escocesa Marion Wallace Dunlop iniciou unha folga de fame na prisión de Holloway. Dunlop fora condenada a un mes de prisión por facer un graffiti cun fragmento da Declaración de Dereitos de 1689 na parede da Cámara dos Comúns.[3] As autoridades penitenciarias considerábana unha presa criminal, en tanto que ela se consideraba como unha presa política e comezou a súa folga en mostra de obxección a esta clasificación. A súa folga durou 91 horas, e só terminou porque a prisión a liberou para evitar a súa morte.[2]

Aínda que esta primeira iniciativa de folga de fame foi unha idea autónoma de Wallace Dunlop e que o fixo sen informar a dirección da WSPU, moitas outras mulleres en condición similar fixeron súa a reivindicación e comezaron tamén as súas respectivas folgas de fame.[2]

A creación da medalla

[editar | editar a fonte]

Así as cousas, a dirección da Unión Social e Política de Mulleres decidiu instituír unha serie de medallas de campaña de estilo militar para elevar a moral e fomentar a lealdade e o compromiso continuos coa causa do sufraxismo feminino.[2]

A Medalla da Folga de Fame foi entregada por primeira vez pola dirección da WSPU nunha cerimonia que tivo lugar a principios de agosto de 1909 en St. Jame's Hall,[4] de mans de Pethick-Lawrence; a súa receptora foi Mary Allen.[5] Máis tarde, as medallas entregaríanse nun almorzo de recepción á saída do cárcere.[2]

Caracterización

[editar | editar a fonte]
Medalla concedida a Elsie Duval's (1912) , con dúas bandas esmaltadas por senllas alimentacións forzadas.

As medallas son de prata e de forma redonda, e colgan dunha fita coas cores púrpura, branca e verde características da WSPU. Esta fita está prendida nun pasador tamén de prata que porta a inscrición FOR VALOUR ("Por valor"), imitando a inscrición da Cruz Vitoria, a máis presitixiosa das condecoracións británicas. No anverso da medalla figura a lenda HUNGER STRIKE ("Folga de fame"), en tanto que no reverso aparece gravado o nome da perceptora, rodeado por unha coroa de loureiro.[6][7]

As medallas foron deseñadas por Sylvia Pankhurst,[2] e fabricadas pola compañía Toye & Co. A súa produción custoulle á WSPU unha libra esterlina por unidade.[8][9]

As barras de prata dispostas na fita da medalla outorgábanse polos respectivos períodos de folga de fame levados a cabo e levaban gravada no reverso a data do arresto da receptora e da súa declaración en folga de fame. Pola súa banda, as barras esmaltadas de cores púrpura, branca e verde representaban as veces que a perceptora fora sometida a alimentación forzosa, e tamén portaban as referidas datas no seu reverso.[7][8] A modo de exemplo, na barra da medalla concedida á escultora Edith Downing está gravada a inscrición "Fed by Force 1/3/12", así como a data en que foi encadeada, o que posteriormente conduciu á súa folga de fame e alimentación forzada.[2][6]

Presentación

[editar | editar a fonte]
Estoxo coa medalla da Folga da Fame concedida a Georgina Fanny Cheffins.

As medallas de folga de fame presentábanse nun estoxo de cor morada e cun forro interior de veludo verde. Pola parte interrna da tapa inseríase unha peza de seda branca co nome da muller galardoada impreso en ouro e coa seguinte dedicatoria:[8][9]

Entregada a [nome] pola Unión Social e Política de Mulleres, en recoñecemento á súa valente acción, mediante a cal, soportando ata o derradeiro extremo a fame e as penurias, se reivindicou un gran principio de xustiza política.

Exemplares conservados

[editar | editar a fonte]

O Museo de Londres conserva a medalla concedida á líder sufraxista Emmeline Pankhurst, que se declarou en folga de fame durante unha condena de dous meses de prisión en 1912 por guindar unha pedra a unha fiestra da residencia do primeiro ministro, no número 10 de Downing Street.[2]

A medalla outorgada a Helen MacRae, no seu estoxo orixinal, foi vendida nunha poxa pública levada a cabo pola compañía Lockdales Auctioneeren en 2015, na que se lle adxudicou a un coleccionista privado por 12.300 libras.[10] O director daquela poxa, James Sadler, dixo: "Estes son dos artigos historicamente máis salientables cos que tratamos".[11]

Medalla de Helen MacRae, poxada por Lockdales Auctioneers en 2015.[10]

En 2019 vendeuse tamén nunha poxa, por 12.500 libras, a medalla achada nun caixón que lle fora concedida á sufraxista Elsie Wolff Van Sandau, quen fora arrestada por romper unha fiestra en Covent Garden o 4 de marzo de 1912 e que fixo folga de fame en prisión.[12][13]

A medalla pertencente á sufraxista Selina Martin, poxada en Nottingham en 2019, que se estimaba que chegase a alcanzar entre 15.000 e 20.000 libras,[14] foi adquirida finalmente pola Galería Nacional de Victoria, Australia, por 27.000 libras.[15] Outro museo, o Te Papa Tongarewa, de Wellington, Nova Zelandia, comprou a medalla de Frances Parker en 2016,[16][17] e a Old Parliament House australiana conserva a medalla concedida a Charlotte Blacklock.[18]

A medalla concedida a Kate Williams Evans foi adxudicada nunha poxa en 2018 por 48.640 libras, e posteriormente pasou a formar parte da colección do Museo Nacional do País de Gales.[19]

Pola súa banda, a medalla correspondente a Rosamund Massy está soterrada dentro do plinto da estatua de Emmeline Pankhurst en Victoria Tower Gardens, Londres, desde a erección deste monumento en 1930.[20]

En setembro de 2023, a Biblioteca de Mulleres de Glasgow decidiu comprar a medalla de Maud Joachim, xa que fora concedida pola primeira folga de fame da WSPU en Escocia.[21] A campaña de recadación de diñeiro acadou un grande éxito e a medalla pasou a estar na biblioteca en outubro dese mesmo ano.[22]

Receptoras da medalla

[editar | editar a fonte]

Aínda que non hai un rexistro exhaustivo das medallas concedidas, en abril de 2024 o número de concesións documentadas era de 95. Non é descartable que poidan coñecerse novas medallas en calquera momento, xa que polo menos 60 mulleres cumpriron os requisitos para tal recoñecemento durante as datas en que a medalla estivo vixente.[23]

Nesta listaxe amósanse os nomes das sufraxistas receptoras da Medalla da Folga de Fame e, no caso de se coñeceren, tamén as datas da súa concesión:

Theresa Garnett coa súa Medalla da Folga de Fame no peito.[24]
Janie Terrero coa súa medalla.[25]
Emily Davison coa súa medalla.[26]
  1. Crawford, E. (2006). Páxina 306.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Six things about you should know about the Suffragette hunger strikes". Museumoflondon.org.uh).
  3. Mayhall, L. E. N. (2003). Páxina 3.
  4. Crawford, E. (2003). Páxina 306.
  5. 5,0 5,1 Crawford, E. (2003). Páxina 9.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Crawford, E. (2003). Páxina 306.
  7. 7,0 7,1 7,2 Grant, K. (2019). Páxina 59.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 "Collecting Suffrage: The Hunger Strike Medal". Womanandhersphere.com
  9. 9,0 9,1 Crawford, E. (2003). Páxina 307.
  10. 10,0 10,1 10,2 "Helen MacRae Suffragette gallantry medal auctioned". BBC News (BBC.com). 21 March 2015.
  11. "Suffragette memorabilia - separating the fact from the fiction". Antique-Collecting.co.uk. 8 de outubro de 2015.
  12. 12,0 12,1 "Suffragette's hunger strike medal found after 100 years". En BBC News (BBC.com). 30 de maio de 2019.
  13. "Suffragette’s hunger strike medal sells for thousands". Hansonsauctioneers.co.uk. 27 de xuño de 2019.
  14. 14,0 14,1 Whitfield, D. (2019). "Rare suffragette medal is expected to fetch over £15,000 at auction". Nottinghampost.com. 22 de febreiro.
  15. "Selina Martin Suffragette Hunter Strike Medal". En The E-Sylum. Vol. 22. Nº 13. Marzo de 2019.
  16. 16,0 16,1 Thomas, R. (2016). "Te Papa buys rare bravery medal awarded to suffrage activist Frances Parker". En Stuff.co.nz. 26 de febreiro.
  17. 17,0 17,1 "Who was Frances Parker?". Museum of New Zealand Te Papa Tongarewa (Tepapa.govt.nz). 2016.
  18. 18,0 18,1 "WSPU Hunger Strike Medal". Museum of Australian Democracy at Old Parliament House (moadoph.gov.au).
  19. 19,0 19,1 "Suffragette hunger strike medal archive sold for Catherine Southon house record to National Museum Wales". En Antiques Trade Gazette. 26 de xullo de 2018.
  20. 20,0 20,1 Crawford, E. (2003). Páxinas 306, 391.
  21. 21,0 21,1 Maud, J. (2023). "Glasgow Women's Library appeals for help to buy suffragette medal". En The Guardian. 22 de setembro.
  22. "Maud Joachim's Hunger Strike Medal comes to GWL". Glasgow Women's Library. 19 de outubro. de 2023.
  23. "Roll of Honour of Suffragette Prisoners 1905-1914". The National Archives (Nationalarchives.gov.uk).
  24. "Suffragette Theresa Garnett 1909". Bathintime.co.uk
  25. 25,0 25,1 Goggin, M. D.; Tobin, B. F. (ed.) (2016). Women and Things 1750-1950: Gendered Material Strategies. Routledge, Londres. Páxina 35. ISBN 9780754665502
  26. "Picture No 10034567". Mary Evans Picture Library.
  27. "Suffragette's medal sold at record price". ITV. com. 14 de setembro de 2015.
  28. Atkinson, D. (1992). Páxina 37.
  29. "Mrs Helen A. Archdale". En TheDinnerPuzzle. com. 8 de xuño de 2018.
  30. Crawford, E. (2003). Páxinas 62-63.
  31. "Medal - Suffragette Medal (Hunger Strike), Awarded to Myra Eleanor Sadd Brown, Great Britain, 1912". Museums Victoria Collections.
  32. Crawford, E. (2003). Páxinas 86-87.
  33. Hall. L. "Hilda Burkitt | The Face of Suffrage". ThePeoplesPicture.com.
  34. Twomey, L. The Story of Lucy Burns Arquivado 24 de febreiro de 2024 en Wayback Machine..
  35. 35,0 35,1 Leneman, L. (1995).
  36. "Suffragette Medal". Bonhams.com
  37. The Suffragette Handkerchief at the Priest House, West Hoatly. Páxina 4.
  38. "BBC - A History of the World - Object: WSPU hunger strike force feeding medal". En BBC (www.bbc.co.uk).
  39. 39,0 39,1 39,2 Suffragettes Meet Again (1955). British Pathé (youtube.com/@britishpathe).
  40. "Hunger Strike Medal awarded to Joan Cather (1912)". British Museum (BritishMuseum.org).
  41. "Medal for valour, awarded to Grace Chappelow, with original box". National Gallery of Fictoria (NGV.vic.gov.au).
  42. Petrie, A. (2022). "The Suffragette". Writing Hythe History (Hythehistoryblog.wordpress.com).
  43. 43,0 43,1 "Women's Suffrage: Hunger Strike medallions". En Collectors Weekly (Collectorsweekly.com).
  44. "Lot: 32: Women's Social and Political Union". Woolley & Wallis.co.uk. 17 de maio de 2023.
  45. "Historic items in Leeds that chart the struggle for women's votes in 1918". En The Yorkshire Post. 6 de febreiro de 2018.
  46. "Scarborough man tells mother's suffragette story". En The Scarborough. 6 de febreiro de 2018.
  47. Porter, L. (2018). "Voice & Vote: Women’s Place in Parliament Exhibition at the Palace of Westminster". Londontopia.net. 29 de xuño.
  48. "WSPU Hunger Strike Medal". UK Parliament (Parliament.uk).
  49. "Lot 266: Downing (Edith)". Bohams.com. 23 de marzo de 2022.
  50. Crawford, E. (2003). Páxina 310.
  51. "Flora Drummond, 1879-1949. Suffragette". National Galleries of Scotland.
  52. "The Suffragette Movement in the Local Area". chertseymuseum.org.
  53. "Norah Dacre Fox (1878-1961)". Exploringsurreyspast.org.uk
  54. "London Suffragette Medal to sell at auction 20 April 2006". Spink.com
  55. "Suffragette medal". National Museum Wales.
  56. "Call for public’s help to piece together life of Norfolk suffragette Caprina Fahey". En Eastern Daili Press. 2 de novembro de 2017.
  57. "Suffragette Theresa Garnett 1909". Bath In Time.co.uk
  58. 58,0 58,1 58,2 58,3 Atkinson, D. (1992). Páxina 199.
  59. 59,0 59,1 "The Gibb Family: Chess Players and Suffragettes". ChessScoltand.com
  60. "Medal awarded to Suffragette who threw a lump of iron at Churchill's car comes up at auction". En Antiques Trade Gazette.
  61. "Suffrage Stories: 'Laura Grey': Suffragettes, Sex-Poison And Suicide". En Woman and her Sphere. 30 de xullo de 2013.
  62. Crawford, E. (2003). Páxinas 257, 307.
  63. Atkinson, D. (1992). Páxina 105.
  64. Crawford, E. (2003). Páxina 259.
  65. "The Suffragette Women’s Social and Political Union Medal awarded to Miss Evelyn Hambling". Noonans Mayfair (Noonans.co.uk). 17 de xaneiro de 2024.
  66. Simpson, F. (2018). "Suffragette's 'inspirational' life story revealed as belongings go on display". En The Standard (Standard.co.uk). 17 de xuño.
  67. 67,0 67,1 Crawford, E. (2003). Páxinas 306-307.
  68. "A Suffragette medal in silver awarded to "Anna Hutchinson", the small silver 22mm diameter medal". The-saleroom.com
  69. "Ellen Isabel Jones hunger strike medal". Wikimedia Commons.
  70. "Suffragette Winifred Jones 1911". BathInTime.co.uk.
  71. "Surrey Heritage March of the Women project Suffrage collections audit - Godalming Museum". Exploringsurreyspast.org.uk
  72. "West Cork suffragette Laura will always be remembered as a hero". The Southern Star. 19 de maio de 2018.
  73. "Who's Your Heroine? Laura Geraldine Lennox". RTE.ie. 3 dde febreiro de 2020.
  74. 74,0 74,1 "Suffragettes Anniversary". BBC Archive.
  75. "Suffragette Medal for Hunger Strike and for Valour bought for £27,250". Lawrences Auctioneers (Laurences.co.uk).
  76. "Suffragette Medal of Valour". Coline Valley Museum.
  77. "The Caravan Club and the Suffrage Movement". The National Motor Museum Trust. 25 de xuño de 2018.
  78. "Suffrage Stories: Two New Exhibitions". En WomanandherSphere.com
  79. "Orders, Decorations & Medals: Suffragette Medal 1909". Noble Numismatics (Noble.com.au). Páxina 401.
  80. "Suffragette's life story inspires musical drama". En Norwich Evening News. 16 de outubro de 2013.
  81. Crawford, E. (2003). Páxina 376.
  82. 82,0 82,1 The Suffragette Handkerchief at the Priest House, West Hoatly. Páxinas 7-8.
  83. "Suffragette hunger striker's medal goes on display at museum". En News Letter. 28 de setembro de 2018.
  84. "Chapter 5. Force-feeding and beyond". En Ethel Moorhead. Dundee’s Rowdiest Suffragette (ethelmoorhead.org.uk).
  85. 85,0 85,1 Watson, N. (2018). Dundee's suffragettes: their remarkable struggle to win votes for women. Percy Johnstone Pub. Páxina 57. ISBN 978-1-9999252-0-8
  86. "The Collection of Medals Formed by the Late Clive Novell. Lot № 158". Noonans Mayfair (Noonans.co.uk). 4 de febreiro de 2016.
  87. Chesters, L. (2021). "Hunger strike medal reveals story of Suffragette with a pseudonym". En Antiques Trade Gazette. 4 de decembro.
  88. "Suffragette medal sold for £13,400 at auction in Stroud". En Stroud News and Journal. 20 de xaneiro de 2022.
  89. "Silver hunger strike medal presented to Emmeline Pankhurst". Google Arts & Culture.
  90. "Hunger strike medal Arquivado 05 de decembro de 2023 en Wayback Machine.". Museum of London.
  91. "Kitchener's Niece: the Suffragette who Outraged her Uncle and was Abused in Prision". Noonans Mayfair (Noonans.co.uk). 4 de febreiro de 2016.
  92. Lang, J. (2018). "Suffragette Talk: Who was Pleasance Pendred?". Glasgow Women's Library (Womenslibrary.org.uk). 26 de setembro.
  93. Meeres, F. (2013).
  94. "Grace Roe Hunger Strike Medal Arquivado 30 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Sprinted.org.uk
  95. "Suffrage Stories: ‘From Frederick Street to Winson Green’: The Birmingham Women’s Suffrage Campaign". Womanandhersphere.com
  96. "Arabella Scott 1885? - 1980". En The Scottish Suffragists (Wealothianwomensforum.org.uk).
  97. "Unused ticket: The suffragette story in seven objects". BBC.com. 8 de febreiro de 2018.
  98. "Suffragette City West". Glasgow Women's Library (Womenslibrary.org.uk).
  99. "Suffrage Stories: Ella And Geraldine Stevenson, Suffragette Sisters". Womanandhersphere.com. 23 July 2018.
  100. "Grace Cameron Swan". Suffragettesandsuffragists.com. 19 de xullo de 2020.
  101. "Medal sale recalls bravery of jailed suffragette". En The Northern Echo. 24 de maio de 2004
  102. "Inside the Suffragists' Jewelry Box: How Women of the Movement Wore Their Pride on Their Sleeves". En Vogue. 26 de outubro de 2015
  103. "Scots suffragette hunger striker remembered". BBC News.
  104. Crawford, E. (2006). Páxina 700.
  105. "Suffrage Stories: Helen Watts And The Mystery Of The Unclaimed Trunk". Womanandhersphere.com
  106. "Women's Social & Political Union hunger strike medal". Vads.ac.uk
  107. Fotografía de Michael Shaw en Twitter.
  108. "Hunger strike medal presented to Letitia Withall by the Women's Social & Political Union". National Library of Australia (NLA.gov.au).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]