Megacidade
Unha megacidade é unha enorme cidade, polo xeral cunha poboación de máis de 10 millóns de persoas.[1][2][3] As definicións precisas do concepto poden variar: o Departamento de Asuntos Económicos e Sociais das Nacións Unidas no seu informe "World Urbanization Prospects" de 2018 considera megacidades as aglomeracións urbanas con máis de 10 millóns de habitantes.[4] Un estudo da Universidade de Bonn sostivo que "xeralmente se definen como unha área metropolitana cunha poboación total de 10 millóns de persoas ou máis".[5] Outros enumeran cidades que satisfán criterios de 5 ou 8 millóns e tamén teñen unha densidade de poboación de 2.000 por quilómetro cadrado.[6] Os termos conurbación, metrópole e metroplex tamén se aplican a estes últimos.[6]
O número total de megacidades no mundo varía entre as distintas fontes: o mundo ten 33 megacidades de acordo coas Nacións Unidas (en 2018), 45 segundo CityPopulation.de (en 2023) e 44 segundo Demographia (en 2022). Arredor da metade destas megacidades atópanse na China e na India. Os outros catro países co maior número de megacidades son o Brasil, o Xapón, Paquistán e os Estados Unidos de América. As megacidades africanas están presentes en Nixeria, Exipto, Suráfrica e a República Democrática do Congo; as megacidades europeas atópanse en Rusia, Francia, o Reino Unido e Turquía (tamén en Asia); as megacidades de América Latina están no Brasil, México, Colombia, o Perú e a Arxentina. Algunhas fontes sinalan a Área do Gran Toquio como a meirande megacidade do mundo,[4][7] mentres que outros danlle o título ao Delta do Río das Perlas.[8][9][10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Definition of megacity in English". Oxford Dictionaries. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ "megacity Meaning in the Cambridge English Dictionary". dictionary.cambridge.org (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ Safarik, Daniel; Ursini, Shawn; Wood, Antony (2018). "Megacities and tall buildings: symbiosis". E3S Web of Conferences 33: 01001. doi:10.1051/e3sconf/20183301001.
- ↑ 4,0 4,1 "World Urbanization Prospects, The 2018 Revision" (PDF). UN DESA. 7 de agosto de 2019. p. 77. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 18 de marzo de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2023.
- ↑ Kötter, Theo; Friesecke, Frank (1 de marzo de 2009). "Developing urban Indicators for Managing Mega Cities". World Bank. Universidade de Bonn.
- ↑ 6,0 6,1 "Land Use and Land Use Change". seos-project.eu. Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ "Demographia World Urban Areas, 18th Annual Edition" (PDF). Demographia. xullo de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2022.
- ↑ "Major Agglomerations of the World - Population Statistics and Maps". www.citypopulation.de. Consultado o 16 de marzo de 2023.
- ↑ Van Mead, Nick (28 de xaneiro de 2015). "China's Pearl River Delta overtakes Tokyo as world's largest megacity". The Guardian. Consultado o 3 de abril de 2020.
- ↑ Weller, Chris (8 de xullo de 2015). "The world's largest megacity already has more people than Canada, Argentina, or Australia". Business Insider. Consultado o 3 de abril de 2020.