Megalópole da chaira de Kantō
A megalópole da chaira de Kantō conforma a área metropolitana de Toquio, a maior do planeta, cunhas dimensións (150x150km) que a converten nunha verdadeira rexión urbanizada.
Aproveita para iso, como non podía ser doutra maneira nun país tan montañoso e poboado coma o Xapón, a maior das súas poucas chairas, a de Kantó (Kantó Heiya) na illa de Honshu, formada polo val inferior do río Tone e dos máis propiamente toquiotas Edo e Sumida.
Esténdese dende a baía de Toquio ata Maebashi polo noroeste, ata Utsunomiya ao norte, Mito e Hitachi ao nordés e Odawara polo suroeste, incluíndo como cidades máis importantes a Yokohama, Kawasaki, a recentemente creada Saitama (pola fusión de Urawa, Yono e Omiya) e Chiba.
División administrativa
[editar | editar a fonte]Megalópole de Toquio: 37 500 000 habitantes.
- prefectura de Toquio.................12 000 000
- prefectura de Kanagawa............ 8 400 000
- prefectura de Saitama................6 800 000
- prefectura de Chiba....................5 300 000
- prefectura de Gumma............... 1 400 000
- prefectura de Ibaraki..................2 500 000
- prefectura de Tochigi..................1 100 000