Melchor de Velasco Agüero
Biografía | |
---|---|
Morte | 4 de setembro de 1669 |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Obra | |
Obras destacables
|
Melchor de Velasco Agüero, nado en Ribamontán al Mar (Cantabria) e finado en Santiago de Compostela o 4 de setembro de 1669, foi un arquitecto cántabro do barroco, activo principalmente en Galicia e Asturias. Foi sobriño de Marcos de Velasco Agüero.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En Oviedo realizou en 1654 as trazas da torre do Mosteiro de San Pelayo e o proxecto de reforma do Convento de Santa Clara. En 1656 foi contratado para construír o peirao de Candás. En 1657 realizou a Casa dos Oviedo-Portal, rexedores da capital asturiana. Estabeleceuse en Galiza en 1658, e construíu o claustro, celas e portaría do Convento de San Paio cara á Vía Sacra. Foi o autor da igrexa do Mosteiro de Celanova e terminou a fachada en 1653. En 1661 participou na reconstrución do interior do mosteiro. En 1667 foi autor da reconstrución da ponte romana de Ourense. En 1662 foi contratado para realizar o cárcere de Santiago de Compostela e en 1664 realizou parte da á sur do convento de Belvís. En 1664 tamén facturou a igrexa do Colexio da Nosa Señora dos Remedios. Os monxes de San Martiño Pinario designárono mestre de obras e Velasco participou na ampliación do mosteiro. En 1668 encargouse da reparación da bóveda da capela do Hospital Real de Santiago. Tamén participou no recoñecemento da igrexa do convento de Recoletas Agostiñas de Lugo, obra asinada por Antonio Rodríguez Maseda.
Unha rúa de Ourense leva o seu nome.