Melchora Aquino
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1812 ![]() Balintawak (Imperio Español) ![]() |
Morte | 20 de febreiro de 1919 Caloocan (Estados Unidos de América) ![]() |
Lugar de sepultura | Himlayang Pilipino (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | rebelde ![]() |

Melchora Aquino de Ramos, nada en Gulod sa Banilad o 6 de xaneiro de 1812 e finada na mesma cidade o 20 de febreiro de 1919 foi unha revolucionaria filipina, coñecida como Tandang Sora ("A vella Sora") por mor da súa participación a avanzada idade durante a revolución filipina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tandang Sora naceu o 6 de xaneiro de 1812[1] no barrio de Gulod sa Banilad ou Banlat[2] no distrito de Balintawak, na época parte de Caloocan, pero que agora pertence a Quezón. Filla dunha parella campesiña, Juan e Valentina Aquino, nunca foi á escola. Así todo, sabía ler e cantaba en festas locais e durante a misa na igrexa da súa parroquia e con frecuencia fixo de Reyna Elena no desfile procesional de maio [3].
Casou con Fulgencio Ramos[4], un campesiño pobre co que tivo seis fillos. Ramos morreu cando seu fillo máis novo tiña sete anos e tivo que se encargar ela soa de seus fillos. Tandang Sora continuou a súa vida como unha activa hermana mayor na celebración festivais, bautizos e vodas e logrou sacar adiante a seus fillos traballando duramente.
Participación na revolución
[editar | editar a fonte]Na súa localidade natal rexentaba unha tenda[5] que tornou refuxio para os revolucionarios (katipuneros) enfermos e feridos. Alimentábaos, dáballe atención médica e animaba os revolucionarios con consellos e oracións e na súa casa tamén realizaban xuntanzas e así comezaron a coñecela cos sobrenomes de "Muller da Revolución", "Nai de Balintawak", "Nai da revolución filipina" e Tandang Sora (Tandang deriva do tagalo matandâ, vella). Ela e mais seu fillo, Juan Ramón, estiveron presentes no Grito de Balintawak e foron testemuñas da destrución das cédulas de identidade[6]
As autoridades españolas interrogárona cando souberon das súas actividades e que coñecía o paradoiro dos katipuneros pero ela negouse a divulgar calquera información. A Garda Civil detívoa e acabou deportada na illa de Guam o 2 de setembro de 1896, onde permaneceu en arresto domiciliario na residencia de Justo Dungca compartido cunha muller de nome Segunda Puentes[7][8] e volveu a Filipinas repatriada polos norteamericanos, con outros exiliados, o 26 de febreiro de 1903[9]. Pasou os últimos anos da súa vida en Balintawak e rexeitou as ofertas de recompensas monetarias pola súa participación na revolución e morreu cas da súa filla Saturnina en Banlat o 20 de febreiro de 1919 con 107 anos[9].
Legado
[editar | editar a fonte]Un distrito e unha estrada de Quezón City levan o nome de Tandang Sora. O seu rostro apareceu na moeda filipina de cinco centavos que se emitiu entre 1967 e 1992 e foi a primeira filipina en aparecer nun billete de Filipinas, concretamente no de 100 pesos da coñecido como serie inglesa (1951-66).
En 2012 durante a celebración do seu 200 aniversario, o goberno local de Quezón decidiu trasladar os seus restos de Himlayang Pilipino Memorial Park ao Santuario Nacional Tandang Sora en Banlat e mais declarou 2012 Ano Tandang Sora</ref>[10].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gregorio F. Zaide (1970). Great Filipinos in History: An Epic of Filipino Greatness in War and Peace. Verde Book. p. 63.
- ↑ "150-year-old ‘Katipunan’ tree: A mute witness to the 116th PHL Freedom Day celebration in Novaliches". Philippine Canadian Inquirer. 12 de xuño de 2014. Consultado o 7 de decembro de 2023.
- ↑ Carlos Quiriono (1995). Who's who in Philippine History. Tahanan Books. p. 32.
- ↑ Alicia Castellanos Escudier. "Melchora Aquino". Diccionario Biográfico. Real Academia de la Historia.
- ↑ Anne Commire e Deborah Klezmer (1999). Women in World History: A Biographical Encyclopedia 1. Yorkin Publications. p. 433.
- ↑ Teodoro A. Agoncillo (1956). The Revolt of the Masses: The Story of Bonifacio and the Katipunan. University of Philippines. p. 148.
- ↑ Augusto V. de Viana, "In the Far Islands,: The Role of Natives from the Philippinees in the Conquest, Colonization and Repopulation of the Mariana Islands. 2004:134.
- ↑ Isagani R. Medina, "Melchora Aquino Wife of Fulgencio Ramos," In: Women in the Philippine Revolution, Rafaelita Hilario Soriano, ed. Quezon City: Printon Press, 1995, pp 12-13.
- ↑ 9,0 9,1 "The Tandang Sora bicentennial". Official Gazette. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2020.
- ↑ Ambeth R. Ocampo (5 de xaneiro de 2023). "Tandang Sora home on her 200th birthday". Philippine Daily Inquirer.