Membrana de Reissner
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/59/Cochlea-crosssection_gl.svg/300px-Cochlea-crosssection_gl.svg.png)
A membrana de Reissner ou membrana vestibular é unha membrana situada dentro da cóclea, no oído interno. Separa a scala media da scala vestibuli e xunto coa membrana basilar crea un compartimento dentro da cóclea que contén endolinfa, a cal é importante para o órgano de Corti funcionar. A súa función principal é separar a perilinfa e a endolinfa pero permitindo que os nutrientes pasen da perilinfa á endolinfa do labirinto membranoso. A membrana debe o seu nome ao anatomista alemán Ernst Reissner (1824-1878).