Memorial Sloan Kettering Cancer Center
Memorial Sloan Kettering Cancer Center | |
---|---|
Tipo | hospital e instituto de investigación |
Data de fundación | 1884 |
Nomeado en referencia a | Alfred P. Sloan e Charles Kettering |
Presidente/a | Craig B. Thompson (pt) (2010-) |
Sede | Nova York |
En | Manhattan |
País | Estados Unidos de América |
40°45′51″N 73°57′24″O / 40.7641, -73.9568 | |
Na rede | |
https://www.mskcc.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Memorial Sloan Kettering Cancer Center (MSK ou MSKCC) é unha institución de investigación e tratamento do cancro en Manhattan, na cidade de Nova York. O seu campus principal está situado en 1275 York Avenue entre as rúas 67 e 68 en Manhattan. É un hospital de investigación e terapia que opera como unha entidade sen ánimo de lucro, que reinviste os seus excedentes financeiros no seu propio crecemento e mellora. O MSKCC é un dos 52 Centros Integrais do Cancro designados polo National Cancer Institute.[1] [2]
Historia
[editar | editar a fonte]Orixe
[editar | editar a fonte]Foi fundado en 1884 como New York Cancer Hospital.
Fusión nos anos 1980
[editar | editar a fonte]O Memorial Sloan Kettering Cancer Center (MSK), que se formou en 1980 pola fusión do Hospital Memorial e o Instituto Sloan-Kettering, converteuse nun dos principais centros de investigación e tratamento do cancro.[3]
Anos 2000
[editar | editar a fonte]Durante o mandato de Harold Varmus, ex-director do NIH, a partir do 2000, o MSK fortaleceu a súa infraestrutura de investigación e as súas colaboracións con outras institucións, incluíndo a Weill-Cornell Medical College e a Rockefeller University.[4]
En 2006, foi inaugurado o Centro de Investigación Mortimer B. Zuckerman.
Anos 2010 en diante
[editar | editar a fonte]En 2010, Craig B. Thompson foi nomeado presidente e director xeral de MSK e, baixo a súa dirección, o MSK logrou recoñecemento pola súa investigación farmacéutica.
En 2017, unha inmunoterapia desenvolvida polo MSK, a CAR-T, foi aprobada para tratar certos tipos de leucemia e linfoma. Desde entón, o MSK expandiuse rexionalmente, abriu un centro na India, e en 2022 recibiu unha importante doazón para impulsar a investigación básica do cancro.
En 2015, Charity Watch valorou o Memorial Sloan Kettering Cancer Center como "A" (sobresaínte). Os xefes da organización benéfica recibiron un salario ou compensación de 2.107.939 dólares a 2.639.669 dólares. O CEO Craig B. Thompson recibiu $2,554,085 de salario/compensación da organización benéfica.[5]
Segundo o informe 2021-2022 dos Best Hospitals (Mellores Hospitais) de U.S. News & World Report, o Memorial Sloan Kettering Cancer Center está clasificado como o segundo mellor hospital para o coidado do cancro dos Estados Unidos de América, despois do MD Anderson Cancer Center en Houston.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "THE NEW-YORK CANCER HOSPITAL; LAYING THE CORNER-STONE OF A MUCH-NEEDED INSTITUTION.". The New York Times (en inglés). 1884-05-18. ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-07-04.
- ↑ "NCI-Designated Cancer Centers - NCI". www.cancer.gov (en inglés). 2012-04-05. Consultado o 2023-07-04.
- ↑ Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
- ↑ "Biographical Overview". Harold Varmus - Profiles in Science (en inglés). 2019-03-12. Consultado o 2023-07-04.
- ↑ "Memorial Sloan Kettering Cancer Center". www.charitywatch.org (en inglés). Consultado o 2023-07-04.
- ↑ "Memorial Sloan Kettering Cancer Center". U.S. News & World Report; Health.USNews.com; Best-Hospitals; Area NY;.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Memorial Sloan Kettering Cancer Center |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "SloanKettering.edu". Sloan Kettering, sitio web oficial.
- "Cornell". weill.cornell.edu/gradschool.
- "Instituto Sloan Kettering". MSKCC.
- "library.mskcc.org". MSKCC; Biblioteca virtual.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |