Menduiña
Aparencia
Para o lugar do concello de Cangas, véxase Menduíña
Menduiña é unha marca de cervexa artesá elaborada pola empresa galega, con sede en Cangas, Adegas Menduiña, S.L.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dunha cervexa natural, sen pasteurizar, sen aditivos, conservantes, extractos ou engadidos.
Tipos de cervexa
[editar | editar a fonte]Existen seis variedades de cervexa comercializadas baixo a denominación Menduiña, catro anuais e dúas de tempada:
- Anuais
- Loira: É unha cervexa de baixa fermentación estilo Lager (baixa fermentación) elaborada con malte Pilsner Premium. Ten unha gradación alcohólica de 6,1 graos.
- Barda: É unha cervexa de alta fermentación estilo Pale Ale Xenuina (alta fermentación) elaborada con malte inglés. Ten unha gradación alcohólica de 5,0 graos.
- Duir: Trátase dunha cervexa torrada de alta fermentación estilo Extra Special Bitter. Robusta, carácter maltoso, cun toque amargo. Ten unha gradación alcohólica de 5,9 graos.
- Corma: É unha cervexa de alta fermentación estilo Stout elaborada con maltes premium ingleses. Ten unha gradación alcohólica de 4,7 graos.
- De tempada
- Beltán: Trátase dunha cervexa ámbar de alta fermentación estilo Summer Ale elaborada con trigo e loureiro Feita con trigo e loureiro. Refrescante, con notas cítricas. Ten unha gradación alcohólica de 4,3 graos. Comercialízase en verán.
- Demo Neghro: É unha cervexa negra de alta fermentación estilo Imperial Stout elaborada con sete tipos de maltes, tres lúpulos diferentes e mel galego. Ten toques afumados e de licor doce. A súa gradación alcohólica é de 7,2 graos.