Mercè Vila i Reventós
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 Barcelona, España |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | poetisa |
Descrito pola fonte | Nou diccionari de la literatura catalana |
Mercè Vila i Reventós, nada en Barcelona en 1902, foi unha poeta en lingua catalá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa obra poética, que trata sobre todo de motivos naturais e relixiosos, publicouse en catro coleccións e apareceu en varios xornais e revistas como El Dia de Terrassa, La Publicitat ou La Veu de Catalunya.[1][2]
Tamén participou en varias lecturas de poesía, actuou como xurado nos Xogos Florais de Sant Andreu de 1935, e foi galardoada en catro ocasións en xogos florais por todos os Países Cataláns.[2]
Tamén estivo vinculada á organización defensora da unidade da lingua catalá Nostra parla, sendo a secretaria da sección feminina nunha directiva formada, entre outras, por Caterina Albert, Carme Karr, Narcisa Freixas e Clementina Arderiu.[1][3]
Obra poética
[editar | editar a fonte]- Les hores (1918)
- Magnòlia perfumada (1921)
- Flor de l'ànima (1929)
- Fugaç resplendor (1955)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Mercè Vila i Reventós | enciclopèdia.cat". Consultado o 2020-04-15.
- ↑ 2,0 2,1 Real Mercadal, Neus (2004-03-29). Universidade Autónoma de Barcelona, ed. "Dona i literatura en els anys trenta: la narrativa de les escriptores catalanes fins a la guerra civil".
- ↑ Zapata, Isabel Graña i (1995). L'acció pancatalanista i la llengua: Nostra Parla, 1916-1924. L'Abadia de Montserrat. ISBN 978-84-7826-604-3.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercè Vila i Reventós |