Saltar ao contido

Mercadotecnia viral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A mercadotecnia viral é un termo empregado para referirse ás técnicas de mercadotecnia que tentan explotar redes sociais e outros medios electrónicos para producir incrementos exponenciais en "recoñecemento de marca" (Brand Awareness), mediante procesos de autorreplicación viral análogos á expansión dun virus informático. Adóitase basear na boca a boca mediante medios electrónicos; usa o efecto de "rede social" creado por Internet e os modernos servizos de telefonía móbil para chegar a unha gran cantidade de persoas rapidamente.

Características

[editar | editar a fonte]

Tamén se usa o termo mercadotecnia viral para describir campañas de mercadotecnia encuberta baseadas en Internet, incluíndo o uso de blogs, de sitios aparentemente afeccionados, e doutras formas de astroturfing deseñadas para crear a boca a boca para un novo produto ou servizo. Frecuentemente, o obxectivo das campañas de mercadotecnia viral é xerar cobertura dos medios mediante historias "infrecuentes", por un valor moi superior ao orzamento para publicidade da compañía anunciante.

O termo publicidade viral refírese á idea que a xente se pasará e compartirá contidos divertidos e interesantes. Esta técnica a miúdo está patrocinada por unha marca, que busca xerar coñecemento dun produto ou servizo. Os anuncios virales toman a miúdo a forma de divertidos videoclips ou xogos flash interactivos, imaxes, e mesmo textos. A popularidade crecente da mercadotecnia viral débese á facilidade de execución da campaña, o seu custo relativamente baixo, (comparado con campañas de correo directo), bo "targeting", e unha taxa de resposta alta e elevada. A principal vantaxe desta forma de mercadotecnia consiste na súa capacidade de acadar unha gran cantidade de posibles clientes interesados, a un baixo custo.

A tarefa máis difícil para calquera compañía consiste en adquirir e reter unha gran base de clientes. Mediante o uso de Internet e os efectos da publicidade por correo electrónico, os esforzos de comunicación negocio-a-cliente (business-to-consumer ou B2C) conseguen moito maior impacto ca moitas outras ferramentas. A mercadotecnia viral é unha técnica que evita as molestias do spam: impulsa aos usuarios dun produto servizo específico a contarllo aos seus amigos. Esa é unha recomendación "boca a boca" positiva. Unha das perspectivas máis exitosas que se atoparon á hora de conseguir esa base de clientes é as chamada Comunicacións de Mercadotecnia Integradas (Integrated Mercadotecnia Communications, IMC).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]