Saltar ao contido

Mercedes Ábrego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMercedes Ábrego

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1770 Editar o valor en Wikidata
Cúcuta, Colombia Editar o valor en Wikidata
Morte1813 Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Actividade
Ocupaciónrevolucionario Editar o valor en Wikidata
Parque Mercedes Ábrego en Cúcuta.

Mercedes Ábrego de Reyes, nada en Cúcuta ou San Cayetano en 1771 ou 1775 e finada en Cúcuta en 1813, foi unha mártir da independencia de Colombia. Foi executada sen ser xulgada polos españois por tecer o uniforme de brigadier a Simón Bolívar.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O escritor colombiano José Monsalve ―autor de Mujeres de la independencia― afirma que a súa familia era de Socorro. Casou con Marcelo Reyes, que posuía a facenda de Urimaco, onde cultivaron cacao que enviaban a Maracaibo. Tiveron tres fillos ―José Miguel, Pedro María e José María― todos educados no Colexio Bogotá. Enviuvou antes da independencia.

A súa familia afirma que ela pagou coa súa vida por presentar a Bolívar cun bo uniforme. Ela foi sen protestar, deu a bendición aos seus perturbados fillos, que foran enviados por Francisco de Paula Santander a buscar os movementos de Matute e Casas. A execución tivo lugar en fronte dos seus dous fillos que se perturbaron ao vela chorar cando morría. Os seus fillos foron encarcerados para que puidesen chorala unha vez fose executada.

No departamento de Norte de Santander hai un concello que leva como nome o seu primeiro apelido, Ábrego.

  1. Na maioría das referencias, o seu apelido escríbese como esdrúxula:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arciniegas, Germán (1961): América mágica: II Las mujeres y las horas.
  • Calle, Manuel J. (1955): Leyendas del tiempo heroico.
  • Monsalve, José D. (1926): Mujeres de la independencia.
  • Knaster, Meri (1977): Women in Spanish America: an annotated bibliography from pre-conquest to contemporary times.