Meridian
Meridian é o nome dunha serie de satélites de comunicacións militares rusos[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélite Meridian son satélites de comunicación lanzados para substituír os diferentes modelos de satélites Molniya e modernizar a infraestrutura de comunicacións militares rusa. Son a compoñente altamente elíptica do sistema, xa que foron inxectados en órbitas Molniya con períodos de 12 horas, e traballan conxuntamente con satélites xeoestacionarios Globus-M.[2][1]
Os satélites utilizan un bus presurizado, posiblemente baseado no dos satélites Uragan-M. Cunha masa duns 2000 kg, levan a bordo tres transpondedores traballando en diferentes frecuencias.[2][1]
Lanzáronse sete satélites Meridian entre 2006 e 2014, cun fallo parcial e un fallo total entre eles.[2][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Meridian 1 | 24 de decembro de 2006 | Soiuz-2-1a Fregat | Éxito |
Meridian 2 | 21 de maio de 2009 | Soiuz-2-1a Fregat | Fallo parcial |
Meridian 3 | 2 de novembro de 2010 | Soiuz-2-1a Fregat-M | Éxito |
Meridian 4 | 4 de maio de 2011 | Soiuz-2-1a Fregat-M | Éxito |
Meridian 5 | 23 de decembro de 2011 | Soiuz-2-1b Fregat | Fallo |
Meridian 6 | 14 de novembro de 2012 | Soiuz-2-1a Fregat-M | Éxito |
Meridian 7 | 30 de outubro de 2014 | Soiuz-2-1a Fregat-M | Éxito |