Bacalada
Bacalada Merlangius merlangus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Merlangius merlangus | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Merlangius merlangus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||
Distrinución do merlán
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A bacalada[1][2][3], Merlangius merlangus, (Linnaeus, 1758), tamén coñecido como corbelo [4], sarreta [5][6] ou merlán, é un peixe osteíctio da orde dos gadiformes e familia dos gádidos, única especie do xénero Merlangius.[7][8]
A primeira descrición da especie foi feita por Linneo en 1758 en: Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, 824 pp.Ver en liña.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Referencia:[9]
- Gadus euxinus Nordmann, 1840 (sinónimo)
- Gadus merlangus Linnaeus, 1758 (basónimo)
- Gadus merlangus euxinus Nordmann, 1840
- Gadus merlangus merlangus Linnaeus, 1758
- Merlangius merlangius (Linnaeus, 1758) (nome incorrecto gramaticalmente)
- Merlangius merlangus euxinus (Nordmann, 1840)
- Merlangius merlangus merlangus (Linnaeus, 1758)
- Merlangus linnei Malm, 1877
- Merlangus merlangus (Linnaeus, 1758) (incorrecto)
- Merlangus merlangus euxinus (Nordmann, 1840) (incorrecto)
- Merlangus vulgaris Fleming, 1828
- Odontogadus merlangus (Linnaeus, 1758) (sinónimo)
- Odontogadus merlangus euxinus (Nordmann, 1840)
- Odontogadus merlangus merlangus (Linnaeus, 1758)
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O corpo é alongado e a cor variable, co dorso de cor castaña amarelenta, azul escura ou verde escura, cos laterais gris amarelados e o ventre branco prateado, cunha mancha escura por riba da base da aleta pectoral.[3] Os individuos novos presentan barbas na mandíbula inferior, moi pequenas, pero estas desaparecen totalmente ó alcanzar a madurez sexual.[10]
Ten tres aletas dorsais, separadas entre si por pequenos espazos, e dúas anais, a primeira longa, desde a altura da segunda dorsal ata a rexión perianal,[3]
A lonxitude máxima descrita para esta especie é de 75 cm, cun peso duns 3 kg, alcanzando ata uns 20 anos de idade,[10] aínda que o tamaño común é duns de 30 a 40 cm.[3]
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]É unha especie propia de augas temperadas, común nas costas de case toda Europa, desde o norte de Escandinavia e Islandia ata o cabo da Roca (Portugal), e do Mediterráneo, especialmente nos mares Adriático, Exeo e Negro.[10]
Trátase dunha especie bentopeláxica e oceanódroma.[11] Migra a mar aberto despois do primeiro ano de vida, agrupándose en grandes bancos.
Habita en augas de profundidades de entre 10 e 200 m, normalmente entre os 30 e os 100 m, cerca do fondo.[10] Normalmente vive pousado sobre a grava do fondo mariño, pero tamén sobre area e rochas.
Aliméntase de pequenos crustáceos, como camaróns abisais, moluscos, pequenos peixes (crías de arenques, sardiñas, bacallaus, burros, e outros merláns máis pequenos), vermes poliquetos e cefalópodos.[10]
Alcanza a madurez sexual entre os 2 e os 4 anos de idade, cando mide uns 30 cm de lonxitude. A época da reprodución é a principios da primavera en case toda a súa área de distribución, en fondos de 30 a 100 m de profundidade. As femias producen entre 100 000 e un millón de ovos, segundo o seu tamaño. As crías adoitan vivir baixo a umbela dunha medusa, posiblemente para buscar protección. Durante o período peláxico da súa vida as correntes mariñas os dispersa amplamente, e non se desprazan cara ó fondo ata máis tarde, cando miden de 5 a 10 cm.[10]
Interese pesqueiro
[editar | editar a fonte]O merlán captúrase tradicionalmente para a alimentación humana, en fresco, en seco ou salgado (tamén se comercializa en filetes conxelados)[10]. Ademais, críase para acuariofilia, manténdose ben nos acuarios.
No norte de Europa, ademais, os individuos de pequeno tamaño procésanse para obter fariña de peixe para pensos e aceite de peixe. As capturas europeas anuais oscilan entre as 50 000 e as 150 000 t.[10]
En Galicia
[editar | editar a fonte]As capturas en Galicia son escasas, e oscilaron nos últimos anos entre os 9.227 kg (2010) e 46.221 kg (2008), alcanzando os 44.376 kg en 2012, segundo datos do Portal Tecnolóxico da Pesca Pesca de Galicia.com.[12]
Nas nosas augas a súa presenza foi citada por primeira vez por Cornide en 1778, co nome "prelinneano" de Gadus merlangus tripterygius, imberbis, albus, maxîlla superiore longiore,[5] que se corresponde con Gadus merlangus (Linnaeus, 1758), e co galego de sarreta, de Buen (1935), citado como Gadus merlangus, igual que Steindachner en Lozano y Rey (1960), que o recolle en Vigo, e o propio Lozano y Rey (1960), en Marín.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario de Alimentación e restauración. Manuel González González (coord). Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2012, px. 45.
- ↑ Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 83.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Rodíguez Villanueva et al. (1995), pp. 170-171.
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), pp. 90-91.
- ↑ 5,0 5,1 Cornide, Joseph (1778), pp. 14-15.
- ↑ Ríos Panisse (1977), p. 395 (citado como Gadus merlangus (L.)
- ↑ Cohen et al. (1990)
- ↑ Merlangius Garsault, 1764 en WoRMS. (en inglés)
- ↑ WoRMS.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 10,7 Muus, Bent J. (1998), p. 128.
- ↑ Propia do fondo do mar e migratoria só en augas salgadas.
- ↑ Pesca de Galicia.
- ↑ Solórzano et al. (1988), p. 27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bacalada |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Bacalada |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bacalada |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cohen, D., Inada, T., Iwamoto, T. & Scialabba, N. (1990): Gadiform Fishes of the World (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO: FAO Fisheries Synopsis,125, volume 10, pp. 77–81.
- Cornide, Joseph (1778): Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo con un tratado de las diversas pescas y de las redes y aparejos con que se practican. Ver en liña.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Merlangius merlangus en ARKIVE. (en inglés) Contén informacións e fotografías.
- Le Merlan (Merlangius merlangus) en Meré. (en francés) Contén informacións e fotografías.
- Ficha FishBase(en inglés)
- Ficha no SITI(en inglés)