Mesocarpo
O mesocarpo é a parte media do pericarpo, comprendida entre o epicarpo e mais o endocarpo. En froitos coma o pexego ou a oliva o mesocarpo é a polpa.
É, polo tanto, a parte da froita que comemos normalmente e é o resultado da transformación da parede ovárica da flor, polo que habitualmente envolve ao endocarpo que á súa vez envolve as sementes.
Cando se trata de froitos carnosos o mesocarpo adóitase chamar polpa, aínda que o nome técnico para un mesocarpo carnoso é o de sarcocarpo. Porén non todas as froitas carnosas teñen sarcocarpo: os hesperidios (laranxas, limóns) son un tipo de baga modificada cuxo mesocarpo é unha fibra abrancazada que arrodea as porcións recoberta dun epicarpo de cor verde, amarelo ou laranxa.
Mais na meirande parte dos froitos, coma bagas, drupas ou pomos o mesocarpo é unha camada grosa e suculenta, deste xeito os animais serán atraídos por este sarcocarpo e escollerán as froitas máis zumarentas para comeren. Dentro do estómago do animal o endocarpo protexe a semente para que non for dixerida e sexa botada coas feces. Deste xeito o animal espalla as sementes da árbore ou vexetal que, tras ser excretadas, xurdirán en locais máis ou menos arredados da árbore ou xexetail orixinais.