Mesoplodon peruvianus
Mesoplodon peruvianus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Comparación co tamaño dun humano medio | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Mesoplodon peruvianus Reyes, Mead & Van Waerebeek, 1991 | |||||||||||||||||||||
Área de distribución de Mesoplodon peruvianus
|
Mesoplodon peruvianus, coñecido na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de zifio peruano e zifio pigmeo, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2][3] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[4]
É o máis pequeno dos zifios e un dos máis recentemente descubertos. Foi descrito por primeira vez en 1991 no Perú, sobre a base de dez exemplares varados e capturados en pescsrías.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1991 por J. C. Reyes, J. G. Mead e K. Van Waerebeek no seu traballo "A new species of beaked whale Mesoplodon peruvianus sp. n. (Cetacea: Ziphiidae) from Peru". Marine Mammal Science 7: 1-24.[2]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver Mesoplodon.
O epíteto específico, peruvianus, fai referencia ao lugar onde se describiu por primeira vez.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Non se describiu ningunha.
Características
[editar | editar a fonte]É a especie máis pequena do xénero Mesoplodon. A coloración xeral do seu corpo é gris escura nas partes superiores e máis clara polas inferiores.[Cómpre referencia]
O seu corpo destaca polo seu pedúnculo caudal infrecuentemente alto. O seu fociño é máis ben curto.[Cómpre referencia]
Os adultos alcanzan unha lonxitude de ao redor de 3,4 ou 3,7 m (entre 1,5 e 1,6 m ao naceren).[5]
Distribución
[editar | editar a fonte]Rexistrouse no Pacífico tropical oriental, entre a Baixa California e o norte de Chile, a través de avistamentos e varamentos. Tamén existe un rexistro na Illa Sur de Nova Zelandia.[1]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Ao igual que outros membros do xénero, case non se sabe nada sobre a bioloxía desta especie. Habita en augas profundas, máis alá do noiro continental, onde presumibelmente realiza inmersións longas e profundas, e pasa relativamente pouco tempo na superficie. Porén, fronte ao Perú, encóntrase, quizás estacionalmente, no noiro continental e na plataforma continental onde se captura con redes de pesca.[6]
O contido do estómago de tres individuos contiña bicos de luras mesopeláxicas, otólitos de peixes non identificados e restos de camaróns.[6] Presumibelmente, estas presas foron capturadas a profundidades de moderadas a grandes. O tamaño medio dos bancos de 65 avistamentos no Pacífico tropical oriental foi de 2,3 individuos.[7] Porén, esta mostra pode estar nesgada porque inclúe só grupos de machos adultos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pitman, R. L. & Taylor, B. L. (2020): Mesoplodon peruvianus na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 2 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Mesoplodon peruvianus Reyes, Mead & Van Waerebeek, 1991 no WoRMS. Consultado o 2 de xanero de 2021.
- ↑ Mesoplodon peruvianus Reyes, Mead & Van Waerebeek, 1991 en MSW. Consultado o 2 de xaneiro de 2021.
- ↑ Masoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 2 de xaneiro de 2021.
- ↑ World Biodiversity Database.
- ↑ 6,0 6,1 Reyes, J. C. & Van Waerebeek, K. (2018): "The lesser beaked whale Mesoplodon peruvianus Reyes, Mead & Van Waerebeek 1991 revisited, with biological observations on new specimens from Peru". Journal of Marine Biology and Oceanography 7 (4): 1-10.
- ↑ Pitman, R. L. & Lynn, M. S. (2001): "Biological observations of an unidentified mesoplodont whale in the eastern tropical Pacific and probable identity: Mesoplodon peruvianus". Marine Mammal Science 17 (3): 648-657.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mesoplodon peruvianus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mesoplodon peruvianus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Perrin, William F.; Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. Cambridge, Massachusetts, USA: Academic Press. ISBN 0-1255-1340-2.
- Reeves, Randall R.; Brent S. Steward; Phillip J. Clapham & James A. Owell (2002): Sea Mammals of the World. Londres: A & C Black. ISBN 0-7136-6334-0.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.