Mesoplodon traversii
Mesoplodon traversii Zifio de Travers Zifio de Bahamonde | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Comparación co tamaño dun humano medio | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Mesoplodon traversii (Gray, 1874) | |||||||||||||||||||||
Área de distribución de Mesoplodon traversii
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Mesoplodon traversii, coñecido na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de zifio de Travers e zifio de Bahamonde, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[3]
Trátase dunha especie rara e moi pouco coñecida.
Recibe os ses nomes vulgares citados na honra do naturalista neozelandés Henry Travers, que o recolectou,[4][5]e do profesor de Ciencias Biolóxicas e Químicas da Universidade de Chile, e investigador xefe da Sección de Hidrobioloxía do Museo Nacional de Historia Natural de Chile Nibaldo Bahamonde,[6] respectivamente.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1874 polo naturalista inglés John Edward Gray, baixo o nome de Dolichodon traversii.[2]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]A especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Dolichodon layardii Hector, 1873
- Dolichodon traversii Gray, 1874 (basónimo)
- Mesoplodon bahamondi Reyes, Van Waerebeek, Cárdenas & Yánez, 1996
- Mesoplodon ginkgodens Baker & van Helden, 1999
- Mesoplodon layardi McCann, 1962
- Mesoplodon layardii Hector, 1878
Historia
[editar | editar a fonte]Foi nomeada primeiramente a partir dunha mandíbula parcial encontrada na illa Pitt, Nova Zelandia, en 1872; rexistrada e ilustrada en 1873 por James Hector, e descrita ao ano seguiente por John Edward Gray, como quedou dito. Inicialmente considerouse como unha forma de zifio de Layard, o que comentou xa nun artigo de 1878 por Hector, quen nunca considerou que o espécime fora distinto.[4][5] Un calvarium ou calvario (un cranio sen mandíbula ou sen mandíbula e sen rostro) encontrado na década de 1950 na illa White, tamén en Nova Zelandia, inicialmente non se describiu, pero logo creuse que era dun Mesoplodon ginkgodens.[7]
En 1993 encontrouse un calvario danado na illa Robinson Crusoe, Chile, que se describiu como unha nova especie, Mesoplodon bahamondi ou zifio de Bahamonde.[8]
En decembro de 2010 encontráronse dous espécimes varados en Opape Beach, baía de Plenty, Nova Zelandia. Orixinalmente foron identificados como Mesoplodon grayi, pero unha análise xenética posterior revelou que representaban os primeiros espécímes completos de Mesoplodon traversii.[9] Despois deste achado, apareceu un informe que describe a Mesoplodon traversii e unha análise do seu ADN, na edición do 6 de novembro de 2012 da revista Current Biology.[10][11]
Características
[editar | editar a fonte]O principal carácter distintivo desta especie son os grandes dentes do animal, de 23 cm, bastante parecido en tamaño aos de Mesoplodon layardii. Considerábase, a xulgar polo tamaño do cranio, que este zifio mediría entre os 5 e os 5,5 m de lonxitude. Despois de encontrarse dous espécímes de máis de cinco metros de lonxitude varados e mortos nunha praia de Nova Zelandia, un estudo na revista Current Biology ofreceu a primeira descrición completa deste cetáceo.[10] Identificáronse, en principio, como quedou dito, como Mesoplodon grayi debido á súa aparencia semellante. Pero o melón é máis prominente e máis semellante a Mesoplodon layardii.[10]
A coloración do rostro é gris escura ou negra, cun parche escuro no ollo, peito branco e aletas escuras.[12]
O rostro non permite diferenciar esta especie dos xuvenís de Mesoplodon grayi.[10]
Os exemplares eran unha femia, que medía 5,3 m, e unha cría.[13]
Distribución e poboación
[editar | editar a fonte]Os tres espécimes examinados até agora proveñen de Nova Zelandia (illa White e illa Pitt) e Chile (illa Robinson Crusoe, no Arquipélago Juan Fernández). Polo tanto, esta é probabelmente unha especie do hemisferio sur (posibelmente circumantártica). Porén, pode ter unha distribución moito máis ampla e, até que non haxa máis rexistros dispoñíbeis, isto seguirá sendo descoñecido.[14]
Non hai informacións sobre a abundancia desta especie. Porén, é probábel que sexa relativamente rara, dado o pequeno número de rexistros da súa aparición descubertos até agora.[1]
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Non se sabe nada do hábitat desta especie. Tampouco da súa dieta, pero suponse que as luras son a súa principal presa.[1]
Ameazas
[editar | editar a fonte]A caza directa nunca se ten asociado con esta especie. Pero o enredamento nas artes de pesca, especialmente nas redes de enmalle, é probabelmente a súa ameaza máis importante. Ao igual que outros zifios, é probábel que sexa vulnerábel a ruídos antropoxénicos fortes, como os xerados polos sonares das mariñas e a exploración sísmica.[15]
Como especie potencialmente limitada a augas temperadas, pode ser vulnerable aos efectos do cambio climático xa que o quecemento do océano pode producir un cambio ou unha contracción da súa área de distribución.[16] Porén, descoñécese o efecto de tales cambios no tamaño da área de distribución ou na posición desta especie.[1]
A evidencia de individuos varados de varias especies similares indica que tragaron artigos de plástico debotados, o que eventualmente pode conducir á súa morte.[17], polo que esta especie tamén pode estar en risco.[1]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC) considera que hai pouca información sobre a abundancia da poboación desta especie, e ningunha sobre a evolución da súa tendencia. Como especie relativamente pouco común, é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións. Por iso cualifica o status da especie como DD (datos insuficientes).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J., Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Spade-toothed Whale. Mesoplodon traversii} na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 19 de febreiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mesoplodon traversii (Gray, 1874) no WoRMS. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ Masoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 10 de novembro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 Hector, James (1873). "On the whales and dolphins of the New Zealand seas." (PDF). Transactions of the New Zealand Institute 5: 154–170. Consultado o 2 de decembeo de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 Gray, John Edward (1874). "Notes on Dr Hector's paper on the whales and dolphins of the New Zealand seas." (PDF). Transactions of the New Zealand Institute 6: 93–97. Consultado o 2 de decembro de er 2020.
- ↑ "Museo Nacional de Historia Natural de Chile, Biobibliografía 1980-2008". Publicación Ocasional (61): 22–25. 2009.
- ↑ Hector, James (1878). "Notes on the whales of the New Zealand Seas." (PDF). Transactions of the New Zealand Institute 10: 331–343. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ Reyes, J. C.; van Waerebeek, K; Cárdenas J. C. & Yáñez, J. L. (1995): "Mesoplodon bahamondi sp.n. (Cetacea, Ziphiidae), a new living beaked whale from the Juan Fernández Archipelago, Chile". Boletin del Museo Nacional de Historia Natural, Chile 45: 31–44.
- ↑ Platt, John R. Amazing: Rarest Whale Seen for First Time in History, but Not at Sea. Scientific American Blogs, 5 de novembro de 2012. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Thompson, Kirsten; C. Scott Baker; Anton van Helden; Selina Patel; Craig Miller; Rochelle Constantine (6 November 2012). "The world's rarest whale". Current Biology 22 (21): R905–R906. doi:10.1016/j.cub.2012.08.055.
- ↑ "First ever sighting of rare whale confirmed". CBC News. 6 de novembro de 2012. Consultado o 2 de decembro de 2020.
"World's rarest whale seen for first time: Spade-toothed whale". Scientific American Blogs. 5 de novembro de 2012. Consultado o 2 de decembro de 2020. - ↑ Mesoplodon traversii(Gray, 1874). Spade-toothed beaked whale en sealifebase.ca (en inglés).
- ↑ Teresa Guerrero. "El cetáceo más enigmático del mundo, analizado por primera vez en Nueva Zelanda". El Mundo. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ Van Helden, A. L.; Baker, A. N.; Dalebout, M. L.; Reyes, J. C., Van Waerebeek, K. & Baker, C. S. (2002): "Resurrection of Mesoplodon traversii (Gray, 1874), senior synonym of M. bahamondi Reyes, Van Waerebeek, Cárdenas & Yánez, 1995 (Cetacea: Ziphiidae)". Marine Mammal Science 18 (3): 609-621.
- ↑ Cox, T. M. et al. (2006): "Understanding the impacts of anthropogenic sound on beaked whales". Journal of Cetacean Research and Management 7 (3): 177-187.
- ↑ Learmonth, J. A. et al. (2006): "Potential effects of climate change on marine mammals". Oceanography and Marine Biology: An Annual Review 44: 431-464.
- ↑ Scott, M. D. et al. (2001): "A note on the release and tracking of a rehabilitated pygmy sperm whale (Kogia breviceps)". Journal of Cetacean Research and Management 3 (1): 87-94.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mesoplodon traversii |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mesoplodon traversii |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen, eds. (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
- Reeves, Randall R. & Leatherwood, S. (1994): Dolphins, porpoises and whales: 1994–98 Action plan for the conservation of cetaceans. Gland, Suíza / IUCN. ISBN 2-8317-0189-9.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.