Metabolismo social
O metabolismo social ou metabolismo socioeconómico é o conxunto de fluxos de materiais e de enerxía que se producen entre a natureza e a sociedade, e entre distintas sociedades entre si, levados a cabo cunha forma cultural específica.[1][2]
Os procesos metabólicos sociais comezan coa apropiación por parte dos seres humanos de materiais e enerxía da natureza. Estes poden ser transformados e circular para ser consumidos e finalmente excretados de novo á propia natureza. Cada un destes procesos ten un impacto ambiental diferente dependendo da maneira na que se realizan, a cantidade de materiais e enerxía implicados no proceso, a área onde se produce, o tempo dispoñible ou a capacidade de rexeneración da natureza.[1][2]
A pesar de que gran parte dos estudos sobre metabolismo social redúcense á entrada e saída de materiais e enerxía dun Estado (importacións e exportacións) pola facilidade de acceso á información sobre transaccións mercantís,[3][4] o metabolismo social tamén se ocupa de estudar en detalle outros procesos metabólicos, como os efectuados en sociedades máis pequenas, os servizos que a natureza presta aos seres humanos, así como a forma cultural concreta que as persoas adoptan ao desenvolver cada proceso.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 González de Molina, Manuel; Toledo, Víctor M. (2014). The Social Metabolism: A Socio-Ecological Theory of Historical Change (en inglés). Springer. ISBN 978-3-319-06357-7.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 El metabolismo social: una nueva teoría socioecológica. Relaciones. 2013.
- ↑ The Weight of Nations: Material Outflows from Industrial Economies (PDF) (en inglés). World Resources Institute. ISBN 1-56973-439-9.
- ↑ El metabolismo de la economía española: recursos naturales y huella ecológica (1955-2000) (PDF). Fundación César Manrique. ISBN 84-88550-60-X.