Saltar ao contido

Metamorphabet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Metamorphabet
Icona da app.
Desenvolvedor(es)Vectorpark
Distribuidora(s)Vectorpark
Lanzamento2015
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)iOS, Microsoft Windows, macOS
Na rede
Páxina oficial
editar datos en Wikidata ]

Metamorphabet é un videoxogo desenvolvido por Vectorpark no 2015.

Modo de xogo

[editar | editar a fonte]

O xogador interactúa con cada letra para avanzar no alfabeto. Por exemplo, á letra A médranlle hastas, convértese nun arco e comeza a deambular. Despois é substituída pola letra B. As letras e as palabras son ditas en voz alta.[1]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Metamorphabet é un xogo de iOS desenvolvido por Patrick Smith. El traballara anteriormente no Windosill de 2009.[2] Smith deseñou o xogo para que fose "intuitivo" e "tan natural como fose posible" para tódolos usuarios, pero tamén deseñado para os nenos pequenos.[1] O xogo estivo en desenvolvemento durante tres anos pero só comezou a saír a luz cando Smith pensou en converter as letras en palabras.[1] O xogo foi estreado para dispositivos iOS devices o 12 de febreiro de 2015, e para Windows e macOS a través de Steam o 29 de abril.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 Webster, Andrew (12 de febreiro de 2015). The Verge, ed. "This is the first video game I'll let my daughter play". Arquivado dende o orixinal o 10/03/2015. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  2. Vanhemert, Kyle (12 de febreiro de 2015). Wired, ed. "I Wish More Games Were as Weird as This Guy's Interactive Alphabet". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2015. Consultado o 25 de marzo de 2015. 
  3. Matulef, Jeff (29 de abril de 2015). Eurogamer, ed. "Metamorphabet is out now on Steam". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2015. Consultado o 29 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]