Metro 2033
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Metro 2033 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | 4A Games |
Distribuidora(s) | THQ |
Motor | 4A Engine |
Lanzamento | 16 de marzo do 2010 en Estados Unidos e 19 de marzo do 2010 en Europa |
Xénero | Survival horror, first-person shooter |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | + 18 |
Plataforma(s) | Xbox 360 e Microsoft Windows |
Requisitos | Procesador: Dual core CPU (calquera Core 2 Duo ou superior)
Tarxeta gráfica compatible con DirectX 9 e Pixel Shader 3 (GeForce 8800, GeForce GT220 e superior) RAM: 1GB |
Na rede | |
http://www.4a-games.com/metro-2033.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Metro 2033 é un videoxogo de acción en primeira persoa que combina o survival horror con elementos do first-person shooter. O xogo baséase na novela Metro 2033 do autor ruso Dmitry Glukhovsky. O xogo é anunciado por 4A Games e estreado en marzo do 2010 para Xbox 360 e PC con Microsoft Windows XP/Vista ou 7. En marzo do 2009, 4A Games anuncia unha sociedade mercantil con Glukhovsky para colaborar no videoxogo, presentándose o primeiro tráiler na Games Convention de 2009, en Leipzig. O xogo baséase completamente na versión dun xogador, non ten multixogador nin na rede local nin por Internet. Pola contra, ofrece a posibilidade de diferentes modos de xogo local, aumentando o dano dos inimigos e o do xogador e eliminado o HUD (interface principal), para ofrecer un shooter máis difícil para os hard gamers.
Mecánica de xogo
[editar | editar a fonte]O xogador ponse no papel dun rapaz chamado Artyom. A historia transcorre nunha Moscova postapocalíptica, maioritariamente dentro do sistema de metro da capital, onde o protagonista foi criado, pero ocasionalmente o xogador ten que ir á superficie para completar misións ou conseguir munición.
Os lugares visitados no xogo reflicten a atmosfera escura dos túneles, aínda que nunha forma moito máis sinistra e lóbrega. Fenómenos e ruídos estraños son frecuentes, e durante unha gran parte do xogo, Artyom soamente depende da súa lanterna para poder ver nas tebras. Porén, a superficie é aínda máis mortífera, debido á radiación deixada polas bombas no pasado, e cómpre usar unha máscara de gas en todo momento para protexerse do aire tóxico e sobrevivir.
Moitas veces, as localizacións do xogo presentan unha distribución complexa, e o xogo carece de calquera forma de mapa. A única guía que ten o xogador é un compás, que mentres se usa non se permite a utilización das armas de fogo. Así mesmo, o xogo non inclúe un medidor de saúde: é substituído por manchas de sangue na pantalla e polo palpitar de Artyom (que se incrementa canto máis dano recibe). Ademais, non hai ningún indicador que advirta ao xogador do tempo que lle falta para que o filtro da súa máscara se esgote, véndose o xogador na obriga de revisar o seu reloxo continuamente para comprobar canto tempo lle falta antes de trocar o filtro por outro novo. A máscara de gas, ademais, mostra rabuñadas ou roturas, dependendo do dano recibido en combate. Cando a máscara rompe totalmente, é mester substituíla para seguir respirando.
Por outra banda, o xogo contén elementos clásicos, como a cantidade de munición, filtros e inxeccións de adrenalina (que serven para recuperar enerxía no caso de non poder esperar). Con todo, o factor máis importante do xogo é a administración da munición. Isto débese a que, segundo narra o xogo, os cartos perderon o seu valor e as propias balas se utilizan no seu lugar. Existen dous tipos de balas: as "balas de terra"; balas de baixa calidade feitas polos habitantes do metro, e as balas militares; feitas antes da guerra, sendo estas moito máis efectivas e, tamén, estrañas. Estas últimas serven como moeda de xogo. É preciso destacar que as balas de terra se poden trocar por balas militares, pero evidentemente, recibiranse poucas balas de alta calidade aínda cando se lle dea ao comerciante moitas de baixa calidade. Desta forma, o xogador vese obrigado a coidar os seus recursos.
Sinopse
[editar | editar a fonte]"Nacín en Moscova. Pero non lembro nada daquela época, non era máis ca un cativo cando as lapas do lume nuclear devoraron o vello mundo. Corenta mil persoas salvámonos refuxiándonos nas estacións do metro... nas entrañas da cidade. Agora, vinte anos despois, só un fato de valentes se atreveron a subir para recibiren o abrazo dun inverno eterno.. o metro era o noso fogar e a fortaleza que nos protexía dos monstros mutantes que vagaban polos túneles... Aínda así, nunca renunciamos á esperanza de retornarmos á superficie. Pero un día, presentouse unha nova ameaza que nos levou a unha guerra pola supervivencia da nosa especie..."
O xogo inicia cun pequeno titorial: Artyom e Mileer chegan á torre e atópanse con outro grupo de comandos, alí son atacados por centos de Nosalis e Demos, onde sofren baixas e un demo diríxese cara a Artyom para matalo...
O xogo regresa oito días antes, Artyom esperta polo seu pai adoptivo no seu cuarto, e acompáñao para recibir a Hunter, un comando que regresaba da superficie, pero cando se reúnen son atacados por un grupo de Nosalis. Despois do ataque, o pai de Artyom fala sobre os escuros: Os escuros están alí aínda que non os vexas, son Homo novus (home novo) o seguinte elo evolutivo. Escoitaches falar da supervivencia do máis apto? Pois, perdemos... Logo son informados de que os escuros atacaron un posto de garda, ao chegaren e veren o estado dos homes, Hunter dille a Artyom que vai ir tralos escuros para matalos, e pídelle, se non regresa, que busque a Mileer para que lle axude a destruílos: Hai que acabar con esta ameaza custe o que custe, e así, ao non volver Hunter, Artyom emprende unha dura e cruel viaxe a Polis, onde a súa valentía, humanidade e lealdade se porán a proba...
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 10 de agosto de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)