Metro de Bakú
Metro de Bakú Bakı Metropoliteni | |
---|---|
Información | |
Cidade | Bakú |
Tipo | Metro |
Liñas | 3 |
Estacións | 27 |
Pasaxeiros (día) | 608.000 (2015) |
Pasaxeiros (ano) | 222 000 000 (2015) |
Operacións | |
Inauguración | 6 de novembro de 1967 |
Operador(es) | Bakı Metropoliteni |
Rede | 40,3 km |
Ancho de vía | 1.520 mm (Bitola rusa) |
O Metro de Bakú (azerí: Bakı Metropoliteni) é o sistema de metro que opera na cidade de Bakú, capital de Azerbaidján. Foi inaugurado en 1967, construído aínda durante a URSS, e foi a primeira rede de metro da República Socialista Soviética de Azerbaidján. Á semellanza doutros metropolitanos soviéticos, as súas estacións son moi ornamentadas.
Historia
[editar | editar a fonte]Nos anos 30, o alto desenvolvemento industrial e o aumento da poboación da cidade fixeron dela unha das maiores e máis importantes do Cáucaso. Seguindo o exemplo de Moscova e Leningrado (actualmente San Petersburgo) se decidiu en 1932 que o medio de transporte máis cómodo ás necesidades da cidade en pleno desenvolvemento era o metropolitano, que aumentaría a mobilidade das persoas e diminuiría o tráfico das rúas de Bakú.
Á semellanza doutras cidades da Unión Soviética, os plans estiveron en suspenso debido á segunda guerra mundial para a que foi canalizado todo o capital dispoñible. Tras a guerra foi retomada a idea de construír un metro en Bakú, e en 1947 o proxecto foi aprobado. A primeira liña tiña unha lonxitude aproximada de 10 km, e abriu o 6 de novembro de 1967. Un ano máis tarde, en 1968, foi construído un novo treito de liña con 2,2 km entre as estacións de 28 de Maio e Şah İsmail Xətai. Un novo tramo entre as estacións de Nəriman Nərimanov e Neftçilər foi construído para servir os suburbios da cidade. A rede prolongouse ata o nordeste desde a estación de Nizami Gəncəvi en 1976. A construción de estacións avanzou a ritmo apresurado e en 1986 a rede tiña xa a configuración actual.
Despois da caída da Unión Soviética non houbo ningunha alteración no metro de Bakú, as limitacións económicas non permitiron que as obras proseguisen. Espérase un investimento da Unión Europea de varios millóns de euros para axuda no desenvolvemento da rede. Os últimos anos foron de adversidades para o metro e para o seu funcionamento, en particular, o feito de teren ocorrido dous atentados terroristas, un en 1994 e outro en 1995 (oficialmente foi un atentado, pero ata hoxe aínda non foi confirmado).
En 2015, o sistema levou a un total de 608.000 de persoas por día e 222 millóns de persoas anuais en 228 vagóns de metro.
Rede
[editar | editar a fonte]Liñas
[editar | editar a fonte]Liña | Cor | Traxecto | Inauguración | Lonxitude | Estacións |
---|---|---|---|---|---|
Liña 1 | Vermello | İçərişəhər ↔ Həzi Aslanov | 1967 | 20,1 km | 13 |
Liña 2 | Verde | Şah İsmail Xətai ↔ Dərnəgül | 1976 | 14,5 km | 10 |
Liña 3 | Púrpura | Xocəsən ↔ 8 Noyabr | 2016 | 5,7 km | 4 |
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]Tramo | Apertura | Lonxitude |
---|---|---|
İçərişəhər-Nəriman Nərimanov | 6 de novembro de 1967 | 6,5 km |
28 de Maio-Şah İsmail Xətai | 22 de febreiro de 1968 | 2,3 km |
Nəriman Nərimanov-Ulduz | 5 de maio de 1970 | 2,1 km |
Ulduz-Neftçilər | 7 de novembro de 1972 | 5,3 km |
28 de Maio-Nizami Gəncəvi | 31 de decembro de 1976 | 2,2 km |
Nəriman Nərimanov-Bakmil | 28 de marzo de 1979 | 0,5 km |
Nizami Gəncəvi-Memar Əcəmi | 31 de decembro de 1985 | 6,5 km |
Neftçilər-Əhmədli | 28 de abril de 1989 | 3,3 km |
Cəfər Cabbarlı | 27 de decembro de 1993 | N/A |
Əhmədli-Həzi Aslanov | 10 de decembro de 2002 | 1,4 km |
Memar Əcəmi-Nəsimi | 9 de outubro de 2008 | 2,1 km |
Nəsimi-Azadlıq Prospekti | 30 de decembro de 2009 | 1,3 km |
Memar Əcəmi-2-Avtovağzal | 19 de abril de 2016 | 2,1 km |
Memar Əcəmi-2-8 Noyabr | 29 de maio de 2021 | 1,4 km |
Avtovağzal-Xocəsən | 23 de decembro de 2022 | 2,2 km |
Total: | 27 estacións | 40,3 km |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metro de Bakú |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial do Metro de Bakú (en azerí) (en ruso) (en inglés)
- Urbanrail - Metro de Bakú (en inglés)