Saltar ao contido

Metro de Santander

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Futuras liñas do Metro de Santander

O proxecto do Metro de Santander atópase dentro do Plan de Mobilidade Sostible, foi presentado en novembro de 2006 e o seu período de desenvolvemento transcorrerá de 2007 a 2013. Este transporte unirá o centro da cidade con varios puntos da periferia e estará formado por metro e tranvía, contando en principio cunhas catro liñas. O futuro transporte metropolitano xa ten en funcionamento a liña 5: un funicular que salva o desnivel existente entre a rúa Río de la Pila e o campo de fútbol do Regimiento con paradas en Río de la Pila, rúa San Sebastián, Prado San Roque e Paseo do General Dávila. O funicular foi inaugurado o 11 de xullo de 2008 e o seu uso é gratuíto.

Futuras liñas

[editar | editar a fonte]
Liña Percorrido Lonxitude Estacións Tipo
Liña 1 Plaza de las Estaciones - Universidad de Cantabria - El Sardinero 4 km? ? Metro
Liña 2 Plaza de las Estaciones - Camargo - Parque de la Naturaleza de Cabárceno 15 km? ? Metro
Liña 3 Puertochico - Hospital Universitario Marqués de Valdecilla 3 km? ? Tranvía
Liña 4 Parque Científico y Tecnológico de Cantabria - El Sardinero 8 km? ? Tranvía
Liña 5 Rúa Río de la Pila - Paseo del General Dávila 75 m 4 Funicular