Mexillóns tigre
Mexillóns tigre | |
Outros nomes | Mexillóns recheos Mexillóns rabiosos |
Tipo | Petisco |
Temperatura | Frío e quente |
Orixe | ![]() |
Gastronomía | Gastronomía de Galicia |
Ingredientes | |
Animal | Ovo duro Mexillón |
Vexetal | Cebola Allo Pan relado |
Os mexillóns tigres, tamén chamados mexillóns recheos ou mexillóns rabiosos, son un prato servido coma tapa ou petisco orixinario de Galicia, mais é popular en moitas zonas do norte de España, e tamén como tapa en Madrid. Consiste nunhas cunchas de mexillóns enchidas, rebozadas e fritidas.[1] Adóitanse servir fríos ou quentes coma tapa, xeralmente acompañando unha bebida: viño (xeralmente viño branco: un albariño[1]) ou un vaso de cervexa.
Características
[editar | editar a fonte]O recheo dos tigres adoita constar dunha masa na que participan a carne dos propios mexillóns, cebola, allo, pan relado, un ovo duro. As máis das veces acostúmase engadir algún mollo picante. Adóitase formar unha masa mesta (semellante a unha bechamel[2]) que rechea a cuncha do mexillón. Rebózase con pan relado (empánase) e frítese en aceite a ferver até que collan unha cor dourada. Ás veces chámaselle tigre á croqueta elaborada coa mesma masa, mais sen a carapaza.