Mi (música)
Aparencia
Mi en notación latina ou E en notación anglosaxoa, é o nome da terceira nota musical da escala diatónica de dó maior.
Nome
[editar | editar a fonte]Antes da adopción do solfexo, utilizábase a notación alfabética segundo a cal as notas designábanse mediante letras. Neste sistema a nota E corresponde á letra "E". Este nome mantense en varios idiomas.
Posteriormente o nome desta nota foi "mi", que deriva do comezo do terceiro verso do himno relixioso Ut queant laxis, empregado por Guido d'Arezzo para nomear todas as notas musicais.
Altura
[editar | editar a fonte]En temperamento igual, o mi que está por riba do dó medio no piano ten unha frecuencia de aproximadamente 330 Hz.
Notación
[editar | editar a fonte]- En clave de sol sitúase na primeira liña do pentagrama.
- Na clave de dó na terceira e cuarta sitúase na cuarta e na quinta liñas respectivamente.
- En clave de fa na cuarta sitúase na segunda liña adicional superior.