Michael Ghiselin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de maio de 1939 Salt Lake City, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de xuño de 2024 (85 anos) |
Educación | Universidade Stanford Universidade de Utah |
Tese académica | Reproductive Function And The Evolution Of Opisthobranch Gastropods (en) (1964 ) |
Director de tese | Donald Putnam Abbott (pt) |
Actividade | |
Ocupación | biólogo, profesor universitario, filósofo |
Empregador | Universidade Harvard Universidade de Utah Universidade de California, Berkeley Universidade do Estado de Utah (pt) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
Michael T. Ghiselin (13 de maio de 1939; 14 de xuño de 2024[1]) foi un biólogo, filósofo e historiador da bioloxía estadounidense.
É coñecido polos seus traballos sobre os nudibranquios, e pola súa crítica á presentación inexacta da historia do lamarckismo en moitos libros de texto escolares de bioloxía.
Vida académica
[editar | editar a fonte]Ghiselin recibiu o seu B.A. (licenciatura) en 1960 da Universidade de Utah e o seu Ph.D. (doutoramento) da Universidade Stanford en 1965. Foi membro posdoutoral da Universidade Harvard (1964–65) e posteriormente membro posdoutoral do Marine Biological Laboratory en 1965. Alí permaneceu ata 1967 porque foi nomeado profesor axudante de zooloxía na Universidade de California, Berkeley e posteriormente foi elixido membro Guggenheim (1978–79).[2] Ghiselin traballou como profesor investigador de bioloxía na Universidade de Utah (1980–83) e foi Membro Premio MacArthur desde 1981 a 1986. Desde 1983 era membro investigador sénior na Academia de Ciencias de California.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ghiselin é famoso polos seus traballos sobre os gasterópodos nudibranquios,[4][5][6] e unha especie leva o seu nome (Hypselodoris ghiselini) e a substancia química defensiva que contén foi nomeada na súa honra como ghiselinina.[7] En 2009 foi coautor dun gran estudo sobre as defensas químicas dos opistobranquios con Guido Cimino: Chemical Defense and the Evolution of Opisthobranch Gastropods.[8]
En 1969 propuxo tres modelos, entre eles o modelo de tamaño-vantaxe, para explicar o hermafroditismo secuencial. Nalgnhas especies de peixes, segundo razoou, os machos poden maximizar o seu éxito reprodutivo apareándose cun harén de femias que se aparean só unha vez como femias. Noutras especies, nas que os peixes viven en parellas, é vantaxoso para o individuo ser macho cando é de pequeno tamaño e volverse femia cando medra e é máis grande.[9]
Ghiselin traballou estudando a historia e filosofía da bioloxía evolutiva. As súas publicacións sobre historia tratan principalmente de Darwin e a historia da zooloxía comparada. Tratou temas como a influencia da alquimia sobre a zooloía do século XIX e a historia da Estación Zoolóxica de Nápoles, Italia. A súa opinión sobre as ideas de Darwin sobre selección, se afectaban ao individuo ou ao grupo, e ás veces aparentemente seleccionismo de parentesco, foron criticadas como inconsistentes por Helena Cronin.[10]
Ghiselin criticou a falsificación da historia da teoría de evolución de Lamarck, xa que na súa opinión os libros escolares elementais e os "escritores de libros de texto imbuíron ao ficticio Lamarck cunha importancia que o Lamarck real nunca tivo, e atribuíronlle ideas que o Lamarck real non sotiña. Inventaron un mito no cal estas ideas eran compardas falsamente coas ideas de Darwin, para producir unha falsa dicotomía."[11] Tamén criticou as ideas dos creacionismo como non científicas.[12]
A súa principal contribución á filosofía foi sobre os principios de clasificación (sistemática ou taxonomía). Considérase que foi o primeiro que teorizou que as especies biolóxcias non son tipos de organismos, senón individuos nun sentido filosófico (no sentido en que unha poboación individual é unha entidade individual, en vez dun tipo abstracto).[13] Un ser humano non é, pois, un Homo sapiens pola mesma razón que a provincia de Ontario non é Canadá.[14] Ghiselin foi quen orixinou o termo "cachos do nexo xenealóxico" (chunks of the genealogical nexus) para describir as especies.[15]
Ghiselin tivo moitos intereses interdisciplinares, entre os cales estaba crear ligazóns entre a bioloxía e a economía. Foi vicepresdente da Sociedade Internacional de Bioeconomía, e foi coeditor do Journal of Bioeconomics desde que se creou en 1998. A primeira cátedra académica de bioeconomía creouse na Universdade de Siena; el foi o seu primeiro ocupante como profesor visitante.[16] Como presidente do Centro para a Historia e a Filosofía da Ciencia, a súa principal responsabilidade era organizar xuntanzas académicas e ser o editor dos volumes baseados nelas.
Obras
[editar | editar a fonte]- Ghiselin, Michael T. e Leviton, Alan E.: "Darwin and the Galapagos", in the Proceedings of the California Academy of Sciences for 2010 Volume 61, Supplement 2.
- The Triumph of the Darwinian Method. University of California Press, Berkeley, 1969.
- Barbour, M. G., Craig, R. B., Drysdale, F. R., and Ghiselin, M. T.: Coastal Ecology: Bodega Head. University of California Press, Berkeley, 1973.
- The Economy of Nature and the Evolution of Sex. University of California Press, Berkeley, 1974.
- Intellectual Compromise: The Bottom Line. Paragon House, New York, 1989.
- Metaphysics and the Origin of Species. State University of New York Press, Albany, 1997.
- Darwin: A Reader's Guide. Occasional Papers of the California Academy of Sciences 155: 1–185, 2009.
- Darwin and Evolution. Carmichael & Carmichael, and Knowledge Products Blackstone Audio, 1993 (audiolibro).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stazione Zoologica Anton Dohrn Napoli. In memory of the biologist, philosopher and historian of science Michael T. Ghiselin (1939-2024)
- ↑ "Michael T. Ghiselin". Guggenheim Foundation. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ "Academy Fellows". Calacademy.org. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ D. John Faulkner and Michael T. Ghiselin (30 de agosto de 1983). "Chemical defense and evolutionary ecology of dorid nudibranchs and some other opisthobranch gastropods". Marine Ecology Progress Series 13 (2/3): 295––301. Bibcode:1983MEPS...13..295F. JSTOR 24815885. doi:10.3354/meps013295.
- ↑ Cimino, Guido; Ghiselin, Michael T. (1998). "Chemical defense and evolution in the Sacoglossa (Mollusca: Gastropoda: Opisthobranchia)". Chemoecology 8 (2): 51–60. doi:10.1007/PL00001804.
- ↑ Zhang, Wen; Gavagnin, Margherita; Guo, Yue-Wei; Mollo, Ernesto; Ghiselin, Michael T.; Cimino, Guido (2007). "Terpenoid metabolites of the nudibranch Hexabranchus sanguineus from the South China Sea". Tetrahedron 63 (22): 4725–4729. doi:10.1016/j.tet.2007.03.082.
- ↑ Hochlowski, Jill E.; Walker, Roger P.; Ireland, Chris; Faulkner, D. John (1982). "Metabolites of four nudibranchs of the genus Hypselodoris". The Journal of Organic Chemistry 47 (1): 88–91. doi:10.1021/jo00340a018.
- ↑ Cimino, Guido; Ghiselin, Michael T. (2009). Chemical Defense and the Evolution of Opisthobranch Gastropods. Proceedings of the California Academy of Sciences 60. ISBN 9780940228795.
- ↑ Ghiselin, Michael T. (1969). "The evolution of hermaphroditism among animals". The Quarterly Review of Biology 44 (2): 189–208. PMID 4901396. doi:10.1086/406066.
- ↑ Cronin, Helena (1993). The Ant and the Peacock: Altruism and Sexual Selection from Darwin to Today. Cambridge University Press. p. 305. ISBN 978-0-521-45765-1.
- ↑ Ghiselin, Michael T. (1994). "The Imaginary Lamarck: A Look at Bogus "History" in Schoolbooks". The Textbook Letter (setembro-outubro de 1994). Arquivado dende o orixinal o 2008-02-12. Consultado o 2017-05-28.
- ↑ "The Illogic of Creationism An Essay Review by Michael T. Ghiselin" Arquivado 2017-05-24 en Wayback Machine.. Consultado o 1 de xullo de 2018.
- ↑ Ghiselin, M. T. (1 de decembro de 1974). "A Radical Solution to the Species Problem". Systematic Biology 23 (4): 536–544. JSTOR 2412471. doi:10.1093/sysbio/23.4.536.
- ↑ Ghiselin, Michael T. (2006). "Is the Pope a Catholic?". Biology & Philosophy 22 (2): 283–291. doi:10.1007/s10539-006-9045-7.
- ↑ Ghiselin, M. T. (1969). The triumph of the Darwinian method. University of California Press. p. 82. ISBN 978-0226290249.
- ↑ "Invited Speakers". University of Siena. 10 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2018.