Micrófago (animal)
Os animais consumidores de alimentos sólidos divídense en micrófagos e macrófagos segundo o tamaño das partículas dós alimentos inxeridos en relación ao seu propio tamaño.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Os termos micrófago, e o seu derivado microfaxia, "cualidade do micrófago", están formados polos elementos micro- e -fago e -faxia, dericados do grego antigo μικρός mikrós, "pequeno" e do elemenro -φαγία -phagía, derivado do verbo φαγεῖν phageîn, "comer".[1]
Animais micrófagos
[editar | editar a fonte]Os animais micrófagos nútrense de presas minúsculas, ou de partículas orgánicas microscópicas.[1] Por iso, estas materias deben seren inxeridas en gran cantidade. Estas partículas van desde restos orgánicos duns poucos nanómetros até pquenos moluscos e crustáceos, como o krill, do que se alimentan os cetáceos misticetos, filtrando estes elementos nutritivos da auga coas súas barbas,[2] ou baleas.[3][4]
Os sistemas de inxestión de alimentos son variados: pestanas vibrántiles que aseguran unha corrente de auga e/ou de mucus, incluíndo partículas en moluscos e tunicados, por exemplo; estruturas filtrantes en crustáceos, flamengos e baleas ou, nalgunhas especies como as miñocas ou o verme Arenicola marina, que inxiren de xeito indiscriminado todo o ambiente que os rodea e que contén partículas de alimento.
No chan, os micrófagos poden ser colémbolos, algún ácaros, nematodos ou larvas de dípteros, que se alimentan dos seres vivos máis pequenos, algas, protozoos, fungos, e bacterias.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Entre os organismos desta categoría encóntranse:
- Sedimentívoros: Son aqueles que procesan o todo o sedimento, inxeríndoo sobre todo para dixeriren os pequenos organismos vivos que contén ou outra materia aproveitábel.[5] Un exemplo sería a miñoca (anélidos).
- Filtradores: Son os que se alimentan de partículas orgánicas ou seres vivos de pequeno tamaño que viven suspendidos na auga, como as esponxas. Para poder proceder á súa alimentación, os animais filtradores desrenvolveron distintas maneiras de reter o alimento que pode estar no fitoplancto ou no zooplancto, ou seren pequenos crustáceos e bacterias.
- Fitófagos (ás veces chamados, impropiamente, herbívoros): Aliméntanse de plantas vivas, murchas ou mortas.
- Parasitos: Son organismos que vive sobre un organismo hospedeiro ou no seu interior, alimentándose a expensas do hóspede. Hai tres clases importantes de parasitos que poden provocar enfermidades nos seres humanos: protozoos, platihelmintos e ectoparasitos. Aliméntanse a costa doutros animais sen chegar, normalmente, a matalos.
- Preeiros: Consomen os cadáveres doutros animais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Dicciomed: Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico". dicciomed.usal.es. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ barba, 1º artigo, 7ª acep. no Dicionario da RAG.
- ↑ 2ª acep.[Ligazón morta] no Dicionario da RAG.
- ↑ "microphage / M / Glossaire / infos / envlit / Ifremer - envlit". envlit.ifremer.fr. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ micrófagos.