Saltar ao contido

Microfibrila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo microfibrila utilízase para designar unha fibrila moi fina ou filamento, que pode estar formado por proteínas (fibrilina, coláxeno) ou por compostos non proteicos como a celulosa da parede celular das plantas.

Microfibrilas de celulosa

[editar | editar a fonte]

A celulosa sintetízase pola celulosa sintase da membrana celular. A medida que se sintetizan as fibrilas de celulosa, crecen extracelularmente e son empurradas contra as células veciñas. Finalmente, isto ten como resultado que a célula queda envolta por unha capa de microfibrilas, a cal constitúe a parede celular. A organización das microfibrilas que forman a parede celular primaria é bastante desorganizada. Porén, na parede celular secundaria teñen unha maior organización en capas, nas cales as microfibrilas son paralelas en cada capa, pero teñen distinta dirección nas sucesivas capas.[1]

Microfibrilas proteicas

[editar | editar a fonte]

Fibrilina

[editar | editar a fonte]

As microfibrilas de fibrilina fórmanse no tecido conectivo, principalmente feitas de fibrilina-1[2] e proporcionan elasticidade. Durante a ensamblaxe, as microfibrilas teñen unha disposición repetitiva de colar de doas producida polos enlaces cruzados entre as moléculas que forman un padrón estriado cunha periodicidade dada cando se ven tinguidas baixo o microscopio electrónico. Na formación de fibras elásticas, as microfibrilas de fibrilina guían o depósito de tropoelastina (precursor da elastina) e permanecen formando a capa externa das futuras fibras de elastina maduras.[3] As microfibrilas están tamén asociadas coa comunicación celular. A formación de microfibrilas na rexión pericelular afecta á actividade dun factor de crecemento chamado TGFβ.[2]

Mutacións no xene da fibrilina-1 orixinan un trastorno xenético chamado sínrome de Marfan.[4] As mutacións na fibrilina afectan o funcionamento do TGFβ[2] e a formación de matriz extracelular, causando trastornos no sistema nervioso central, sistema crculatorio, ollos e sistema esquelético.[5]

Coláxeno

[editar | editar a fonte]

O coláxeno está formado por monómeros de tropocoláxeno. Os monómeros de tropocoláxeno colócanse liñalmente cabeza con cola e paralalemente a outros e con certo desfase, formando microfibrilas e despois fibrilas. O coláxeno así formado pode unirse ás membranas celulares por medio de diversas proteínas, como a fibronectina e a integrina. As fibrilas de coláxeno poden unirse formando fibras de coláxeno máis grandes.[6][7][8]

  1. Abeysekera RM, Willison JH (1987). "A spiral helicoid in a plant cell wall". Cell Biology International Reports 11 (2): 75–79. doi:10.1016/0309-1651(87)90106-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Massam-Wu, Teresa; Chiu, Maybo; Choudhury, Rawshan; Chaudhry, Shazia S.; Baldwin, Andrew K.; McGovern, Amanda; Baldock, Claire; Shuttleworth, C. Adrian; Kielty, Cay M. (2010). "Assembly of fibrillin microfibrils governs extracellular deposition of latent TGFβ" (PDF). J Cell Sci 123 (17): 3006–3018. PMC 2923573. PMID 20699357. doi:10.1242/jcs.073437 – vía JCS. 
  3. Kielty, Cay M.; Baldock, Claire; Lee, David; Rock, Matthew J.; Ashworth, Jane L.; Shuttleworth, C. Adrian (28 de febreiro de 2002). "Fibrillin: from microfibril assembly to biomechanical function". Philos Trans R Soc Lond B Biol Sci 357 (1148): 207–217. PMC 1692929. PMID 11911778. doi:10.1098/rstb.2001.1029. 
  4. Reinhardt, Dieter P. (outubro-nov embro de 2014). "Microfibril-associated Disorders: Fibrillinopathies". Journal of Glaucoma (en inglés) 23 (8 Suppl 1): S34–5. ISSN 1057-0829. PMID 25275902. doi:10.1097/IJG.0000000000000114. 
  5. Bonetti, Maria Ida (outubro de 2009). "Microfibrils: a cornerstone of extracellular matrix and a key to understand Marfan syndrome". Italian Journal of Anatomy and Embryology = Archivio Italiano di Anatomia ed Embriologia 114 (4): 201–224. ISSN 1122-6714. PMID 20578676. 
  6. Orgel, J. P.; Irving, TC; et al. (2006). "Microfibrillar structure of type I collagen in situ". PNAS 103 (24): 9001–05. Bibcode:2006PNAS..103.9001O. PMC 1473175. PMID 16751282. doi:10.1073/pnas.0502718103. 
  7. Okuyama, K; Bächinger, HP; Mizuno, K; Boudko, SP; Engel, J; Berisio, R; Vitagliano, L (2009). "Comment on Microfibrillar structure of type I collagen in situ by Orgel et al. (2006), Proc. Natl Acad. Sci. USA, 103, 9001–05". Acta Crystallographica Section D 65 (Pt9): 1009–10. PMID 19690380. doi:10.1107/S0907444909023051. 
  8. Orgel, Joseph (2009). "On the packing structure of collagen: response 0to Okuyama et al.'s comment on Microfibrillar structure of type I collagen in situ". Acta Crystallographica Section D D65 (9): 1009. doi:10.1107/S0907444909028741. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.