Microscopium
Aparencia
Microscopium | |
---|---|
Nome latino | Microscopium |
Abreviatura | Mic |
Xenitivo | Microscopii |
Simboloxía | O Microscopio, |
Ascensión recta | 21 h |
Declinación | −36° |
Área | 210 graos cadrados
Rango 66º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | γ Mic
(magnitude ap. 4,67) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +62° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de setembro | |
Microscopium ou Microscopio[1] é unha pequena constelación austral introducida por Nicolas Louis de Lacaille. Estas estrelas son moi febles.
Historia
[editar | editar a fonte]Dado que Microscopium foi descuberta no século XVII, e que se atopa moi preto do polo sur non foi coñecida por culturas clásicas, polo tanto non hai mitoloxía relacionada.
Estrelas
[editar | editar a fonte]Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Microscopii, cuarta estrela máis brillante da constelación con magnitude 4.89, é unha xigante amarela a 380 anos luz de distancia.
- γ Microscopii, con magnitude 4,67 é a estrela máis brillante da constelación e tamén unha xigante amarela.
- θ Microscopii, denominación compartida por dúas estrelas distintas: θ1 Microscopii, de magnitude 4,80, unha variable Alfa2 Canum Venaticorum a 187 anos luz; θ2 Microscopii, xigante branca de magnitude 5,76 unhas tres veces máis afastada.
Outras estrelas con designación de Bayer
[editar | editar a fonte]Outras estrelas notables
[editar | editar a fonte]- AT Microscopii (GJ 799), estrela binaria composta por dúas ananas vermellas, unha delas unha estrela fulgurante. Atópase a 33 anos luz de distancia.
- AU Microscopii (GJ 803), con magnitude 6,61 posúe un disco protoplanetario; situada a só 1,2 anos luz de AT Microscopii probablemente forma un sistema estelar triplo con ela.
- BO Microscopii, estrela nova cunhas erupcións que foron estudadas na franxa de rayos X.
- Lacaille 8760 (AX Microscopii), anana vermella e estrela fulgurante de magnitude 6,67 situada a 12,8 anos luz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Microscopium |