Saltar ao contido

Microstar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo dun FORMOSAT-3, uns satélites baseado no bus Microstar.

Microstar é un Bus construído pola empresa Orbital Sciences Corporation deseñado para pequenos satélites lanzados mediante os foguete Pegasus ou Taurus.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

MicroStar está pensado para poder lanzar varios satélites apilados nun único lanzamento. Soporta cargas útiles de ata 68 kg e ten un tempo de funcionamento esperado de entre 3 e 5 anos en órbita. O bus básico consiste en tres aneis apilados verticalmente, dos cales un é o núcleo cos sistemas primarios e os outros dous sirven para acomodar a carga útil, coa opción de engadir aneis adicionais para cargas máis voluminosas.[1][2]

Satélites co bus Microstar

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Microstar" (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OSC: MicroStar" (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020.