Saltar ao contido

Trilladeira mediterránea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Microtus duodecimcostatus»)
Trilladeira mediterránea
Estado de conservación

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Myomorpha
Superfamilia: Muroidea
Familia: Cricetidae
Subfamilia: Arvicolinae
Xénero: Microtus
Subxénero: 'Microtus (Terricola)'
Especie: M. duodecimcostatus
Nome binomial
'Microtus (Terricola) duodecimcostatus'
de Sélys-Longchamps, 1839
Distribución mundial de Microtus duodecimcostatus
Distribución mundial de Microtus duodecimcostatus

Distribución mundial de Microtus duodecimcostatus
Sinonimia
  • centralis, Miller, 1908
  • flavescens, Cabrera, 1924
  • fuscus, Miller, 1908
  • ibericus, Gerbe, 1854
  • pascuus, Miller, 1911
  • provincialis, Miller, 1909
  • regulus, Miller, 1909

A trilladeira mediterránea (Microtus duodecimcostatus) é unha especie de roedor miomorfo da familia Cricetidae.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Anteriormente integrábase, canda outras especies do xénero Microtus, no xénero Pitymys (considerado actualmente como subxénero). Esta distinción baseábase en razóns bioxeográficas, ao ter evolucionado a partir de especies que ocupaban áreas meridionais de Eurasia e Norteamérica, mentres o resto das especies de Microtus teñen unha orixe máis boreal.

Características

[editar | editar a fonte]

É un arvicolino de pequeno tamaño, aínda que algo máis robusto que a corta dos prados (Microtus lusitanicus). Ten hábitos subterráneos, que se fan patentes, na redución dos ollos, as orellas e na presenza de pelos curtos e flexibles. A pelaxe é dun ton pardo amarelento, aínda que varía segundo a área de distribución; é característico desta especie a aparición nos flancos dunha banda ocre moi marcada que fai evidente a separación entre o dorso e o ventre.

Distribución

[editar | editar a fonte]

É unha especie tipicamente ibérica, aínda que tamén aparece en áreas do sueste de Francia. Ocupa a maior parte da Península Ibérica, excepto a porción noroccidental, gran parte da Cornixa Cantábrica e algunhas áreas do Pireneo Oriental. A súa distribución e a de Microtus lusitanicus solápanse nunha ampla área desde Zamora até o norte de Navarra.

É unha especie de espazos abertos e con influencia mediterránea, tanto naturais como agrícolas, condicionado á existencia de solos estables, húmidos, fáciles de escavar e con abundante cobertura herbácea. Localízase desde o nivel do mar até os 3.000 metros de altitude en Serra Nevada.

Aínda que non experimenta explosións demografícas periódicas, pode alcanzar densidades moi altas en condicións favorables.

Depredación

[editar | editar a fonte]

Os seus hábitos subterráneos constitúen unha estratexia defensiva bastante eficaz, aínda que é unha das presas máis habituais da curuxa común (Tyto alba), que captura sobre todo exemplares xuvenís e subadultos en dispersión.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]