Middlesbrough RHC
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Middlesbrough RHC | |
---|---|
Cidade | Middlesbrough, Inglaterra |
Historia | 1947 |
Fundado | 1947 |
Competición | Rink Hockey Premier League English Cup |
Títulos | |
Rink Hockey Premier League | 3 (dende 1974) |
English Cup | 1 |
Cores | Vermello e branco |
O Middlesbrough Roller Hockey Club é un club de hóckey a patíns inglés da localidade de Middlesbrough que actualmente compite na máxima categoría do hóckey a patíns inglés, a Rink Hockey Premier League, competición que gañou en dúas ocasións dende 1974 (1979 e 1980).
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1947, e inicialmente xogaba no Albert Park Victorian skating rink, unha pista ao aire libre, polo que resultaba difícil a práctica do hóckey a patíns durante o inverno ata a construción dun pavillón de terrazo.
O hóckey a patíns floreceu nos anos '50 e '60 e construíronse novos vestiarios.
En 1966 o Middlesbrough xogou contra o combinado nacional de Bélxica como parte das celebracións do Campionato do Mundo.
A finais dos anos '70 o equipo participou en competicións europeas, enfrontándose en 1978 ao La Vendéenne (Francia), sendo o primeiro partido europeo disputado en Inglaterra. Por outra banda, en 1979 o equipo inglés visitou a pista do Lichstad de Eindhoven (Países Baixos), nese mesmo ano o club acadou o seu primeiro título de liga, revalidándoo ao ano seguinte.
Na tempada 1980-81 a superficie tornouse perigosa e o club decidiu mudarse por causas de seguridade, disputando os seus partidos no Herlingsshaw Centre Eston ata a apertura do Rainbow Centre en 1985.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 3 Ligas inglesas: 1979, 1980 2011 (dende 1974)
- 2 Copa de Inglaterra: 1995 e 2010
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |