Mighal an Gov
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XV ![]() |
Morte | 27 de xuño de 1497 ![]() Tyburn, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | aforcado, azorrado e desmembrado ![]() |
Actividade | |
Ocupación | revolucionario ![]() |
Mighal an Gov, en inglés Michael An Gof, foi un ferreiro córnico de St Keverne.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xunto a Thomas Flammank dirixiu a rebelión córnica de 1497, na que os rebeldes marcharon cara a Londres para protestar diante o rei Henrique VII de Inglaterra pola implantación dunha taxa para a guerra en Escocia. Na batalla de Deptford Bridge, 17 de xuño, o exército inglés derrotou os rebeldes. An Gof conseguiu escapar a Greenwich pero foi capturado e conducido á Torre de Londres para ser executado o 24 de xuño en Tyburn.