Migmatita
Unha migmatita (do grego μιγμα, migma, 'mestura') é unha rocha composta atopada en zonas de metamorfismo de grao medio e alto, xeralmente en bloques cratónicos do Precámbrico. Consta de dous ou máis constituíntes, que a miúdo forman moitas capas alternadas: unha capa é dunha rocha metamórfica máis vella que foi reconstituída seguidamente por fusión parcial (o "neosoma"), e a outra capa alternante ten unha aparencia pegmatítica, aplítica, granítica ou plutónica xeneralizada (o "paleosoma"). Comunmente, as migmatitas atópanse baixo rochas metamólrficas deformadas que representan a base de cadeas montañosas erosionadas.[1]
As migmatitas fórmanse baixo condicións extremas de temperatura e presión durante o metamorfismo progresivo ou prógrado, cando ocorre unha fusión parcial no paleosoma metamórfico.[2] Os compoñentes exsolvidos por fusión parcial denomínanse neosoma (que significa ‘corpo novo’), os cales poden ser heteroxéneos ou non a escala microscópica ou macroscópica. As migmatitas adoitan aparecer como vetas pregadas estreitemente e incoherentemente (pregamentos ptigmáticos).[3] Estes forman segregacións de leucosoma, compoñentes graníticos de cores claras exsolvidos no melanosoma, a parte escura rica en anfíbolos e biotitas. Algunhas veces presentan un mesosoma, de cor intermedia entre o leucosoma e o melanosoma, que forma un resto máis ou menos modificado do paleosoma metamórfico da rocha parental metamórfica. O compoñente de cores claras a miúdo ten a aparencia de que foi fundido e mobilizado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sawyer, Edward (2008). Atlas of Migmatites. The Canadian Mineralogist Special Publication 9. Mineralogical Association of Canada.
- ↑ Mehnert, Karl Richard (1971). Migmatites and the origin of granitic rocks, Developments in Petrology. Elsevier.
- ↑ Recommendations by the IUGS Subcommission on the Systematics of Metamorphic Rocks, Part 6. Migmatites and related rocks, p2. [1]