Miguel Ángel Botana
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1924 ![]() Sanxenxo, España ![]() |
Morte | 29 de xaneiro de 2021 ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
1969 – 1973 ← José Ramón Guisasola Gorrity – Leopoldo González Agís → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | procurador, político ![]() |
Miguel Ángel Botana Castro, nado en Sanxenxo en 1924 e finado o 29 de xaneiro de 2021, foi un procurador e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia cambadesa[1], foi fillo de Antonio Botana, que fora secretario do xulgado de Sanxenxo[2]. Profesionalmente foi procurador en Santiago de Compostela inicialmente, e a partir de 1962[2] no partido xudicial de Cambados. Concelleiro e primeiro tenente alcalde de Sanxenxo, en xaneiro de 1969 foi designado alcalde polo gobernador civil na altura, Ramón Encinas Diéguez,[3] cargo que ocupou durante catro anos ata 1973. Durante o seu mandato ergueuse a escultura ao aviador Piñeiro e a escultura á Madama, que preside o paseo marítimo de Sanxenxo. Tamén impulsou a construción de edificios de varias alturas[2] no frontal marítimo do concello.
Predecesor: Ramón Guisasola |
![]() Alcalde de Sanxenxo 1969 - 1973 |
Sucesor: Leopoldo González Agís |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla de Prata ao Mérito na Xustiza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Regueira, Susana (2021-01-29). "Muere el exalcalde de Sanxenxo Miguel Ángel Botana Castro". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-01-30.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Moledo Ucha, Alba (2021-01-30). "Fallece Miguel Ángel Botana, exalcalde de Sanxenxo". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-01-30.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-1-1969, p. 14.