Miguel Ángel Rodríguez González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1958 Esgos, España |
Morte | 3 de decembro de 2001 (42/43 anos) Alto do Couso, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Alcalde de Esgos | |
1987 – 1989 ← Manuel Ángel Rodríguez – Manuel Ángel Rodríguez → | |
Actividade | |
Ocupación | veterinario, político |
Familia | |
Irmáns | Mario Rodríguez |
Miguel Ángel Rodríguez González, chamado Chisco por mor da familia[1], nado en Esgos cara a 1958 e finado no Alto do Couso o 3 de decembro de 2001, foi un veterinario e político galego, alcalde de Esgos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Amelia González e José Manuel Rodríguez, propietarios dun coñecido restaurante local[2], sobriño de Manuel Ángel Rodríguez[3], político local que foi alcalde de Esgos moitos anos, Miguel Ángel Rodríguez estudou veterinaria.
Integrante da candidatura municipal de Alianza Popular que encabezaba seu tío, o alcalde Manuel Ángel Rodríguez, nas eleccións de 1987, a renuncia temporal do tío levouno á alcaldía entre 1987 e 1989[4], e foi de novo substituído polo tío ao cabo deses dous anos.
Foi xefe de saúde pública na delegación de Sanidade, e tamén adegueiro de viño, impulsor da adega Leirabella[2] (en Leiravella), enmarcada na denominación de orixe da Ribeira Sacra.
Predecesor: Manuel Ángel Rodríguez |
Alcalde de Esgos 1987 - 1989 |
Sucesor: Manuel Ángel Rodríguez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Faleceu nun accidente de moto no alto do Couso aos 43 anos[4] No enterro, oficiado polo bispo de Ourense, Carlos Osoro, falou Xosé Luís Baltar, daquela presidente da Deputación[1].
Anos despois do seu falecemento o irmán máis novo, Mario Rodríguez, tamén foi alcalde de Esgos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Aplausos en la despedida". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-12-06. Consultado o 2022-01-06.
- ↑ 2,0 2,1 "Amelia González, la gran matriarca de los Chisco". La Región (en castelán). 2022-01-06. Consultado o 2022-01-06.
- ↑ Huete, Cristina (2012-07-22). "La maraña dinástica del baltarismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-01-06.
- ↑ 4,0 4,1 "El ex-alcalde de Esgos Miguel Ángel Rodríguez pierde la vida en la carretera". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-12-04. Consultado o 2022-01-06.