Miguel Barros Castro
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 ![]() Mosende, España ![]() |
Morte | 5 de xuño de 1934 ![]() Montevideo, Uruguai ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
![]() |
Miguel Barros Castro, nado en Mosende (O Porriño) en 1892 e finado en Montevideo o 5 de xuño de 1934, foi un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Barros Amandi. Estudou filosofía no Seminario de Tui, onde comezou o exercicio periodístico colaborando en La Integridad. En 1910 emigrou ao Uruguai e formou parte da redacción de El Diario Español. En 1912 intentou editar sen éxito El Eco de España. Xefe de redacción de El Diario Español, en xullo de 1917 colaborou no diario La Razón. Sumouse á redacción de Tierra Gallega, substituíndo a Xosé María Barreiro na dirección a partir do número 40. Colaborou como redactor no semanario Galicia Nueva. Tamén colaborou coa Revista de las Españas, editada en Madrid pola Unión Ibero-Americana. Foi un dos fundadores da Casa de Galicia. Foi secretario da Junta Patriótica Española, da Cámara Oficial Española de Comercio e do Club Español. Foi secretario (1931) e despois subxerente da Administración Nacional de Combustibles. Finou en Montevideo nun accidente de tráfico o 5 de xuño de 1934.[1][2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Elvira Arcelos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Zubillaga, Carlos (1996). A prensa galega de inmigración en Uruguai (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 195. ISBN 84 -87 172-08-3.