Saltar ao contido

Miguel Bautista Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel Bautista Carballo
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Petín, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
xullo de 2020 – 2023
← Juan Carlos Francisco Rivera
Alcalde de Petín
1999 – 2019 – Raquel Bautista Carballo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsRaquel Bautista Carballo Editar o valor en Wikidata

Miguel Bautista Carballo, nado en Petín o 20 de xullo de 1958, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Administrativo. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Petín e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada, gobernando en minoría. Nas municipais de 2003 foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2007 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta, conseguindo un aplastante triunfo con case un 83% dos votos e 8 dos 9 concelleiros da corporación. Nas municipais de 2011 logrou novamente a maioría absoluta, se ben baixou a un 66% e a 6 concelleiros de 9. Nese mandato foi designado deputado provincial. Nas municipais de 2015 revalidou novamente a maioría absoluta cun 76% dos votos e 6 dos 7 edís, volvendo a ser designado deputado provincial.

Abandonou a alcaldía tras non presentarse á reelección nas municipais de 2019. Nas Eleccións Xerais de abril e de novembro de 2019 concorreu como suplente na candidatura do PSdeG-PSOE ó Senado pola provincia de Ourense. En xullo de 2020 asumiu a súa acta de senador trala renuncia de Juan Carlos Francisco Rivera. Nas Eleccións Xerais de 2023 concorreu como número 2 ao Senado mais non resultou elixido.


Predecesor:
Gabino Fariñas Pérez
 
Alcalde de Petín
 
1999 - 2019
Sucesor:
Raquel María Bautista Carballo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]