Miguel Cabanela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Miguel Enrique Cabanela González-Seco ![]() 1942 ![]() Mondoñedo, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Enrique Cabanela Álvarez ![]() |
Miguel Enrique Cabanela González-Seco, nado en Mondoñedo en 1942 é un cirurxián galego, un dos máis importantes especialistas mundiais en cirurxía de cadeira e xeonllo, e en ortopedia.
Biografía
[editar | editar a fonte]
Nado en Mondoñedo (Lugo) en 1942 é sobriño do ilustre escritor de literatura galega Álvaro Cunqueiro e fillo de Enrique Cabanela, que fora médico en Mondoñedo, e pioneiro da cirurxía xeral na comarca, fundador e director dun sanatorio cirúrxico privado no que operaba toda clase de doenzas.
Despois de estudar e se licenciar en Medicina en Santiago de Compostela en 1965, trasladouse aos Estados Unidos en 1967, para desenvolver a súa carreira, primeiro no Mercy Hospital universitario de Chicago. Realizou a súa residencia na famosa Clínica Mayo, formándose coma especialista en cirurxía de cadeira e xeonllo no centro de Rochester (Minnesota). Dende aquela exerceu neste hospital e actualmente é o xefe de Cirurxía Reconstrutiva na mesma Clínica Mayo onde salienta pola súa galeguidade arredor do xigantesco centro sanitario, con 2.158 médicos e outros tantos estudantes e residentes. Na clínica Mayo, cada xefe de servizo acuña un símbolo, nas portas dos cuartos dos pacientes de Cirurxía Ortopédica había un pequeno escudo cun zoco e un paraugas sobre o que caía a choiva, lembrando a súa morriña por Galiza[1].
É membro da Asociación Estadounidense de Cirurxiáns de Cadeira e Xeonllo, e da Fundación Nacional de Osteonecrose, tamén dos Estados Unidos. Ten máis dun cento de artigos de investigación publicados en revistas científicas do campo da cirurxía ósea e da ortopedia[2].
Na actualidade o doutor Miguel Cabanela imparte simposios e conferencias por todo o mundo. A súa dona, española, é física nuclear. Ten dous fillos, mais ningún deles se inclinou pola medicina; un deles é astrofísico e o outro experto en literatura inglesa.
Importancia médica e recoñecementos
[editar | editar a fonte]É unha das figuras mundiais na súa especialidade. Varias voces do ámbito da cirurxía ortopédica recoñecen a gran competencia de Cabanela en cirurxía da cadeira, e en especial no eido das próteses de cadeira. A Clínica Mayo de Rochester onde traballa, é o terceiro maior hospital do país e ocupa o segundo lugar na mellor cirurxía ortopédica.
Cabanela participa regularmente en xornadas científicas en Galiza, España e nos Estados Unidos. Os seus méritos, entre eles a autoría de máis de 100 publicacións, foron recoñecidos en diferentes países: foi distinguido polos pacientes estadounidenses en 2012 pola súa excelencia, en 2009 recibiu o primeiro premio español Fenin de Innovación Tecnolóxica e foi nomeado membro de honra da Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía[3].
Miguel Cabanela adoita visitar Mondoñedo dúas veces ao ano, vila da que é Fillo Predilecto dende o ano 2002. Ademais Galiza recoñeceu o labor de Miguel Cabanela concedéndolle a Medalla de Prata da Xunta e anos despois recollería o Premio Nóvoa Santos que outorga a Asociación de Médicos Galegos.
Premio Miguel Cabanela
[editar | editar a fonte]O 1 de abril de 2009, a Federación española de Empresas de Tecnoloxía Sanitaria[4] entregou o I Premio Fenin á Innovación Tecnolóxica Sanitaria ao doutor Miguel Cabanela[5][6][7], polas súas achegas á cirurxía ortopédica no eido Cirurxía da Cadeira e do Xeonllo. O Premio recolleuno de mans da Ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, o Presidente da Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, o profesor. Enric Cáceres,[8] quen salientou a importancia do Premio para a Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.
O doutor Miguel Cabanela cedeu a achega á Fundación SECOT para convocar un Premio destinado a realizar unha estadía na Clínica Mayo, Rochester, MN, EUA.[9][5] A convocatoria realizouse en base a concurso de méritos a nivel nacional, recibindo o Premio o doutor Jenaro A. Fernández-Valencia Laborde. Posteriormente e a través da SECOT, o Profesor Cabanela convocou anualmente o Premio Miguel Cabanela até a actualidade.[10]
Listaxe de Cirurxiáns Galardoados co Premio Miguel Cabanela:
- Ano 2009: Doutor Jenaro A. Fernández-Valencia, cirurxián de cadeira en Barcelona.
- Ano 2010: Doutor Diego García Germán.[11]
- Ano 2011: Doutor Julio Duart Clemente.[12]
- Ano 2012: Doutor Oliver Marín Peña[13]
- Ano 2013: Dotación conxunta a doutores Claudia Lamas Gómez, Vicente Pellicer García e Marcelino Llabrés Comamala.[14]
Operación do Rei Xoán Carlos I de España
[editar | editar a fonte]No mes de setembro de 2013 incrementou a súa fama por ser o encargado de operar ao rei Xoán Carlos I de España dunha cadeira [15]por mor dunha infección asociada a unha prótese que lle fora implantada en 2012[3]. Para este traballo desprazouse a Madrid.
Rexeitou cobrar por este traballo[16].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Declaracións do doutor Trillo para El País Alfageme, Ana (20 de setembro de 2013). "Miguel Cabanela, un gallego ‘número uno’ en cirugía de la cadera". El País (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ Currículo do doutor Cabanela Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., web da aseguradora Vitals.
- ↑ 3,0 3,1 Alfageme, Ana (20 de setemebro de 2013). "Miguel Cabanela, un gallego ‘número uno’ en cirugía de la cadera". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ fenin.es
- ↑ 5,0 5,1 "El gallego Miguel Cabanela, premiado por desarrollar tecnología sanitaria". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 2009. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ "El doctor Cabanela, premio a la innovación tecnológica sanitaria". www.elcorreogallego.es. 3 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ "Fundación Tecnología y Salud". www.fundaciontecnologiaysalud.es. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ "SECOT". www.secot.es. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ http://www.secot.es/getattachment/57f17e68.../Cabanelapremiado.aspx[Ligazón morta]
- ↑ "Resolución Convocatorias SECOT 2012". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2013.
- ↑ "Dr. Diego García Germán".
- ↑ "Dr. Julio Duart Clemente". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2013.
- ↑ "Dr. Oliver Marín Peña". orthodoc.aaos.org. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2013.
- ↑ "Miguel Cabanela, el hijo del médico de Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de setembro de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ 20Minutos (26 de setembro de 2013). "Miguel Cabanela renunció a cobrar por la operación y tratamiento del rey". 20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Miguel Cabanela y TSB de Itaca, premiados por su trayectoria" [Miguel Cabanela e TSB de Itaca, premiados pola súa traxectoria]. Diario Médico. (require subscrición (?)).(en castelán)
- "El gallego Miguel Cabanela, premiado por desarrollar tecnología sanitaria". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 2009. Consultado o 5 de marzo de 2019.