Miguel Castelo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de abril de 1946 (78 anos) Freás de Eiras, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , cineasta |
Lingua | Lingua castelá |
Miguel Ángel Castelo Agra, nado en Freás de Eiras (Ramirás) o 20 de abril de 1946, é un xornalista e cineasta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Ciencias da Información na especialidade de Imaxe. Comezou no audiovisual nos anos setenta realizando curtametraxes. Compaxinou a súa actividade como crítico cinematográfico e teatral coas realizacións para cine, televisión e vídeo. En 1979 fundou a distribuidora Rula Difusora Cultural Galega e despois a produtora Video Trama (1983). Dirixiu para Televisión Española o primeiro programa dedicado ao cine de Galicia, Do cinema galego (1984), e colaborou en diversos espazos da Televisión de Galicia. Ten exercido a docencia de medios audiovisuais na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- A tola (1974), de Miguel Gato (como foto-fixa).
- Fendetestas (1975), de Antonio F. Simón (como foto-fixa)
- Illa (1976), de Carlos L. Piñeiro.
- O herdeiro (1976), de Miguel Gato.
Como director
[editar | editar a fonte]- O pai de Migueliño (1977).
- Macana de dote, ché (1991).
- O desexo (1992), adaptación do conto de Rafael Dieste "O vello que quería ver o tren".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Castelo Agra, Miguel Anxo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.