Miguelanxo Lar
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1981 ![]() Seoane do Courel, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cineasta , escritor ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Miguelanxo Lar, nado en Seoane do Courel (Folgoso do Courel) o 22 de decembro de 1981, é un cineasta e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Iniciou a carreira de Dereito, que abandonou para estudar cine en Barcelona. Colaborou no filme Sicixia de Ignacio Vilar, e realizou un documental sobre a fala galegoportuguesa do val estremeño de Xálima. Traballa na casa museo de Uxío Novoneyra, xestionada pola fundación Uxío Novoneyra. En 2018 autoeditou a súa primeira novela, Latineuropa.[1] En 2020 apareceu a súa segunda novela, Mare Vostrum.[2]
Obras[editar | editar a fonte]
- Latineuropa, 2018.
- Mare Vostrum, 2020.