Mihails Tāls
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nome orixinal | (lv) Mihails Tāls (ru) Михаил Нехемьевич Таль | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | ||||||||||||||||||||
Nacemento | 9 de novembro de 1936 Riga, Letonia | |||||||||||||||||||
Morte | 27 de xuño de 1992 (55 anos) Moscova, Rusia | |||||||||||||||||||
Causa da morte | insuficiencia renal | |||||||||||||||||||
Educación | Universidade da Letônia (pt) - lingua rusa (–1958) | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | xadrecista, xornalista, escritor, compositor de xadrez | |||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Letonia Unión Soviética | |||||||||||||||||||
Deporte | xadrez | |||||||||||||||||||
Título de xadrecista | Master of Sport of USSR in Chess (en) (1954) Grande Mestre de Xadrez (pt) (1957) | |||||||||||||||||||
Puntos ELO (màx.) | 2.705 (1980)< | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
1982 | Olimpíada de xadrez de 1982 (pt) | |||||||||||||||||||
1980 | Olimpíada de xadrez de 1980 (pt) | |||||||||||||||||||
1974 | Olimpíada de xadrez de 1974 (pt) | |||||||||||||||||||
1972 | Olimpíada de xadrez de 1972 (pt) | |||||||||||||||||||
1966 | Olimpíada de xadrez de 1966 (pt) | |||||||||||||||||||
1962 | Olimpíada de xadrez de 1962 (pt) | |||||||||||||||||||
1960 | Olimpíada de xadrez de 1960 (pt) | |||||||||||||||||||
1958 | Olimpíada de xadrez de 1958 (pt) | |||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Sally Tal (1959–1971) | |||||||||||||||||||
Premios | ||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Таль Михаил Нехемьевич) Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi | |||||||||||||||||||
Mikhail Tal, nado en Riga (RSS de Letonia) o 9 de novembro de 1936 e finado en Moscova o 28 de xuño de 1992, foi o oitavo Campión do Mundo de xadrez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tal aprendeu o xogo na infancia, grazas ao seu pai, pero xogou ós 17 anos a súa primeira partida cun gran mestre. Apenas 8 anos despois xa era campión do mundo. Obtivo un segundo posto no Campionato letón de 1954, xunto co seu título de mestre da URSS, tras gañar ao campión belaruso Saïgin. Tivo outro éxito ao triunfar na semifinal do campionato da URSS individual. Cara a 1956 quedou a un punto dos vencedores, e no ano 1957 Tal quedou quinto ex aequo na semifinal, algo lonxe do futuro campión do mundo, Petrossian.
Diversas vitorias axudárono a consolidarse no cume. Gañou o campionato soviético en 1958 (12,5/18), logo o interzonal de Portoroz o mesmo ano e, finalmente, ao coroarse campión do Torneo de Candidatos disputado en Iugoslavia en 1959 (axudado por 4 vitorias sobre o mozo Bobby Fischer) obtivo o dereito a disputar o match polo Campionato do Mundo. Precedido polas súas vitorias (conseguira, ademais, o primeiro lugar en Zürich 1959 con 11,5/15 por diante de Fischer, Gligoric e Keres, sumado a 13,5/15 na olimpíada de Leipzig 1960), en 1960, á idade de 24 anos, Tal derrotou ao posicional e estratéxico Mikhail Botvinnik neste encontro, co que se converteu no Campión do Mundo máis novo de todos os tempos (ata que Kaspárov o superou, gañando o título aos 22 en 1985). Botvínnik gañou o encontro de desquite a comezos de 1961, cando Mikhail Tal tivo que dobregarse, aparentemente por problemas de saúde, 8-13. Meses máis tarde gañou o Torneo de Bleg diante de Fischer, pero a súa saúde obrigouno a retirarse de varios torneos, como o dos Candidatos de Curaçao.
A súa saúde seguiulle xogando malas pasadas nos seguintes anos, pero aínda así conseguiu excelentes resultados. Entre eles cóntanse o refacho de 83 partidas sen ser derrotado en 1972-1973 (gañou 5 torneos consecutivos nese período, incluíndo un campionato soviético) e o primeiro posto ex aequo con Anatoly Karpov no Torneo das Estrelas de Montreal, en 1979. Tal foi moi esperado no interzonal de Leningrado, pero afundiuse con apenas 8,5 puntos sobre 17, atrás de xogadores como Kortchnoï e Karpov. En 1973 quedou noveno no Campionato da URSS, e en 1975 non conseguiu cualificar para o torneo de 1976, tars varios resultados mediocres. No período 1978-1979 gañou varios torneos, como o Campionato da URSS e o Terra dos Homes. Así mesmo, impúxose no interzonal 1979, pero ao longo dos torneos de 1980 perdeu en cuartos de final, derrotado por Polougaïevski, 3-0. Sería ata 1988, cando gañou o único campionato do mundo de xadrez lóstrego que se organizou.
Anterior: | Campión do mundo de xadrez
1960-1961 |
Seguinte: |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mihails Tāls |