Mikel Merino
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Mikel Merino Zazón 22 de xuño de 1996 (28 anos) Pamplona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 23 de agosto de 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga, Premier League e Primeira División Española | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista defensivo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 23 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
8 de agosto de 2021 | torneo masculino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 (2º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2019 | Eurocopa de Fútbol Sub-21 de 2019 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Ángel Miguel Merino Torres | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mikel Merino Zazón, nado o 22 de xuño de 1996 en Pamplona, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é a Real Sociedad da Liga Santander.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]CA Osasuna
[editar | editar a fonte]Mikel incorporouse aos xuvenís do Osasuna na tempada 2012/13, procedente do CD Amigó navarro. Subiu ao primeiro equipo da man de Jan Urban en 2014. Debutou co Osasuna, en Segunda División, o 23 de agosto de 2014 ante o FC Barcelona B. Marcou o seu primeiro gol ao rematar un córner, ante a UD As Palmas, en decembro de 2014.[1]
Na súa segunda tempada conseguiu o ascenso a Primeira División.[2] Foi peza fundamental durante toda a tempada e, tamén, nos play-off de ascenso a Primeira División, contribuíndo con tres goles na eliminatoria ante o Gimnàstic de Tarragona.[3][4]
Borussia Dortmund
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2016 é traspasado ao Borussia Dortmund da Bundesliga, por 3'7 millóns de euros.[5] En xullo incorporouse á pretemporada do equipo alemán, debutando nun amigable contra o FC St. Pauli.[6] Thomas Tuchel deixoulle fóra da lista da UEFA Champions League, polo que non puido participar en ningún partido.[7] Debutou en Bundesliga, ante o Hertha BSC, o 14 de outubro de 2016.[8] Ao longo da tempada non dispuxo de demasiados minutos, disputando só 293 minutos en oito partidos de Bundesliga.[9]
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | País | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
C.A. Osasuna | España | 2014 - 2016 | 67 | 8 |
Borussia Dortmund | Alemaña | 2016 - | 9 | 0 |
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Categorías inferiores
[editar | editar a fonte]Foi campión de Europa sub-19 en 2015, sendo titular en todos os partidos do torneo.[10] En setembro de 2016, incorporouse á selección española sub-21 coa que conseguiu clasificarse para disputar a Eurocopa sub-21 de 2017.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É fillo de Miguel Merino Torres, ex xogador, entre outros, de Osasuna, Celta e Leganés.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Diez cosas que quizá no sabías de Mikel Merino".
- ↑ "Mikel Merino: "Era la mejor forma de decir adiós". Diario de Noticias de Navarra". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ "Osasuna vs Gimnástic: resumen, goles y resultado - MARCA.com".
- ↑ "Gimnástic vs Osasuna: resumen, goles y resultado - MARCA.com".
- ↑ "Mikel Merino firma con el Borussia Dortmund hasta 2021 | sport.es".
- ↑ "Osasuna - Mikel Merino debuta con el Borussia como lateral izquierdo".
- ↑ "Mikel Merino: "Es difícil llegar a un sitio nuevo y no tener oportunidades"".
- ↑ "Así fue el debut de Mikel Merino - bundesliga.com/es".
- ↑ "Mikel Merino quiere salir para tener más presencia". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ "Europeo sub-19 2015 - España-Rusia – UEFA.com".
- ↑ "Merino, la nueva joya de Tajonar".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do xogador en Transfermarkt.es
- Ficha do xogador en Soccerway.com
- Nados en 1996
- Nados en Pamplona
- Futbolistas de Navarra
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do CA Osasuna B
- Xogadores do CA Osasuna
- Xogadores do Borussia Dortmund
- Xogadores do Newcastle United FC
- Xogadores da Real Sociedad
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-19
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Futbolistas olímpicos de España
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024
- Futbolistas gañadores da Eurocopa