Saltar ao contido

Miljenko Licul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiljenko Licul
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1946 Editar o valor en Wikidata
Vodnjan, Croacia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte16 de marzo de 2009 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Liubliana, Eslovenia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Liubliana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador gráfico, deseñador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Liubliana Editar o valor en Wikidata
Premios

Miljenko Licul, nado en Vodnjan, na Venecia Xulia, o 6 de agosto de 1946 e finado en Liubliana o 16 de marzo de 2009, foi un deseñador gráfico esloveno de orixe croata, responsable do deseño da primeira serie de euros circulantes de Eslovenia xunto coa súa filla, Maja Licul.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Miljenko Licul naceu en 1946, no seu dunha familia croata, na cidade istria de Vodnjan, que daquela formaba parte da zona de ocupación iugoslava da Venecia Xulia, hoxe integrada en Croacia.[1] Na súa xuventude trasladouse a Eslovenia, onde residiu gran parte da súa vida.[2]

Licul foi un dos fundadores do grupo Znak e dirixiu os estudios Zodiak e Diptih. Durante un tempo, foi profesor de Tipografía na Academia de Belas Artes e Deseño da Universidade de Liubliana. A súa obra abrangue un amplo abano de manifestacións artísticas, desde o deseño de publicacións, carteis e portadas de revistas, ata calendarios e selos de correos.[1][3]

Logo da consecución da independencia de Eslovenia en 1991, Licul foi o encargado de deseñar un bo número de documentos oficiais, como o pasaporte esloveno, o documento de identidade, o permiso de conducir e a tarxeta da seguridade social.[1] Entre outros traballos, ocupouse tamén da nova imaxe corporativa da Galería Nacional de Eslovenia e da Universidade de Liubliana.[2]

Pasaporte de Eslovenia, deseñado por Miljenko Licul.

Un dos momentos máis salientables da súa carreira ocorreu nese mesmo ano de 1991, cando Licul gañou o concurso para o deseño dos billetes e as moedas do primeiro sistema monetario esloveno, o do tólar. Os billetes, que estiveron en circulación desde outubro de 1991 ata finais de 2006, presentaban retratos de personalidades eslovenas destacadas realizados polo pintor Rudi Španzel.[4] Pola súa banda, o deseño das moedas do tólar esloveno compartiuno con Zvone Kosovelj —o gravado correu a cargo de Janez Boljka—, e cuñáronse entre 1992 e 2006.[5][6]

Coa entrada do país na Eurozona e a asunción do euro como moeda de curso legal, Miljenko Licul foi tamén o encargado do deseño dos anversos nacionais da primeira serie de moedas do euro de Eslovenia, xunto coa súa filla Maja Licul e igualmente gravados por Janez Boljka.[7][8][9]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1985: Oremio da Fundación Prešeren polos seus logros no deseño gráfico.[1]
  • 1988: Premio Plečnik.[1]
  • 2008: Premio Prešeren á traxectoria artística.[2][15]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Umrl je oblikovalec Miljenko Licul". Rtvslo.si. 16 de marzo de 2009.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Identiteta Slovenije v Zagrebu. Razstava oblikovalskih rešitev Miljenka Licula". Rtvslo.si. 8 de decembro de 2011.
  3. Selos de correos deseñados por Miljenko Licul. Colnect.com
  4. "Banka Slovenije: 1992-2005 Issue". Banknote.ws
  5. "Twenty Years of National Currency". Republic of Slovenia (http://www.twenty.si).
  6. Moedas do tólar esloveno deseñadas por Miljenko Licul. Numista.com
  7. Moedas do euro deseñadas por Miljenko e Maja Licul. Colnect.com
  8. "Eurocoins". Banka Slovenije.
  9. "Slovene euro coins". Evro.si
  10. "1 Tolar". Numista.com
  11. "2 Tolarja". Numista.com
  12. "5 Tolarjev". Numista.com
  13. 10 Tolarjev". Numista.com
  14. "20 Tolarjev". Numista.com
  15. "Prešernov Sklad 2008". Gov.si

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]