Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Millennium Trophy (en irlandés Corn an Mhílaoise) é un trofeo de rugby disputado polas seleccións de Irlanda e Inglaterra como parte do Torneo das Seis Nacións. A primeira vez que se disputou foi en 1988 baixo o marco das celebracións do milenio da capital irlandesa. O trofeo ten forma da casco viquingo e é doado por Digital. O actual campión é Irlanda, logo de gañar no Torneo das Seis Nacións 2010 por 20 a 16 a Inglaterra o 27 de febreiro de 2010 no estadio londiniense de Twickenham.
Este foi o único partido do Millennium Trophy que non formou parte do Cinco/Seis Nacións.
Equipo |
Vitorias |
Anos
|
Inglaterra |
14 |
1988–92, 1995–2000, 2002-03, 2008
|
Irlanda |
9 |
1993, 1994, 2001, 2004–07, 2009-10
|
- Maior vaga de vitorias: 6 – Inglaterra, 1995-2000.
- Maior diferenza de puntos: 40 puntos, 1997: Irlanda 6-46 Inglaterra.
- Menor diferenza de puntos: 1 punto, 1994: Inglaterra 12–13 Irlanda; e 2009: Irlanda 14-13 .Inglaterra.
- Máxima anotación: 68 puntos – 2000, Inglaterra 50–18 Irlanda.
- Menor anotación: 19 puntos – 1989, Irlanda 3–16 Inglaterra.