Milovan Glišić
Aparencia
![]() (1900) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1847 (Xuliano) ![]() Gradac (Pincipado de Serbia) ![]() |
Morte | 20 de xaneiro de 1908 ![]() Dubrovnik, Croacia ![]() |
Causa da morte | tuberculose ![]() |
Educación | Universidade de Belgrado (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, dramaturgo, crítico literario, xornalista, escritor, poeta, escritor de ciencia ficción ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Глишич Милован) Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Milovan Glišić (en cirílico, Милован Ђ. Глишић) nado en Gradac, preto de Valjevo o 6 de xaneiro de 1847 e finado en Dubrovnik o 20 de xaneiro de 1908, foi un escritor, tradutor e crítico literario serbio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha comunidade agraria de Serbia e tivo que traballar dende moi novo para axudar os pais. Estudou na Grande École de Belgrado (hoxe Universidade de Belgrado), onde se licenciou en 1875. Traballou para a sección de prensa do Ministerio de asuntos exteriores durante a Guerra serbio-turca de 1875 e máis tarde para varios medios como xornalista e tradutor. Foi así mesmo bibliotecario e dramaturgo do Teatro Nacional de Belgrado.
Obra
[editar | editar a fonte]Relatos
[editar | editar a fonte]- Glava šećera
- Ni oko šta
- Noventa anos despois[1] (Posle devedeset godina)
- Prva brazda
- Raspis
- Redak zver
- Roga
- Sigurna većina
- Svirač
- Šilo za ognjilo
- Vujina prosidba
- Zloslutni broj
Dramaturxia
[editar | editar a fonte]- Dva cvancika (1883)
- Podvala (1885)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Traducida ao galego por Jairo Dorado Cadilla e publicada pola Editorial Hugin e Munin.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil do autor en serbica.u-bordeaux-montaigne.fr (en francés)