Milstar
Milstar (Military Strategic and Tactical Relay) é unha familia de satélites de comunicacións militares dos Estados Unidos.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Milstar é unha familia de satélites de comunicacións militares deseñados para proporcionar comunicacións resistentes a interferencias. O programa Milstar está dirixido polo Centro do Espazo e de Mísiles da Forza Aérea dos Estados Unidos. Hai dúas series de satélites dentro da familia Milstar. A estrutura dos satélites das dúas series é similar, cunha forma característica de tres caixas unidas das que sobresaen antenas e os paneis solares. Os satélites Milstar foron sucedidos polos satélites AEHF.[1]
Milstar 1
[editar | editar a fonte]Lanzáronse dous Milstar da serie 1 en 1994 e 1995. A carga útil permitía comunicacións seguras e robustas a baixa velocidade e manter conexión entre satélites para non ter que depender de estacións de comunicacións terrestres. Os satélites tiñan unha masa duns 4500 kg e foron lanzados mediante foguetes Titan 4 a órbitas xeoestacionarias.[2][1]
Milstar 2
[editar | editar a fonte]Os Milstar 2 teñen unha masa e estrutura similar aos Milstar 1, pero amplían as súas capacidades para ofrecer ademais comunicacións a velocidades medias, de ata 1,5 Mbps. Lanzáronse catro Milstar 2, o primeiro deles errado, usando foguetes Titan 4.[3][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
Milstar-1 1 | 7 de febreiro de 1994 | Titan 4 | Éxito |
Milstar-1 2 | 6 de novembro de 1995 | Titan 4 | Éxito |
Milstar-2 1 | 30 de abril de 1999 | Titan 4 | Fallo |
Milstar-2 2 | 27 de febreiro de 2001 | Titan 4 | Éxito |
Milstar-2 3 | 16 de xaneiro de 2002 | Titan 4 | Éxito |
Milstar-2 4 | 8 de abril de 2003 | Titan 4 | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2020). "Milstar" (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Milstar-1 1, 2 (Milstar 1, 2)" (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Milstar-2 1, 2, 3, 4 (Milstar 3, 4, 5, 6)" (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Milstar |