Mimachlamys
Mimachlamys Rango fósil: Cretáceo - Actualidade [1] | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Mimachlamys varia | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Mimachlamys é un xénero de moluscos bivalvos da orde dos pectínidos (orde), superfamilia dos pectinoideos e familia dos pectínidos.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1929 por Tom Iredale,[2] malacólogo inglés residente en Australia, no seu traballo:
- Iredale, T. (1929): "Mollusca from the continental shelf of eastern Australia". Records of the Australian Museum 17 (4): 157-189.
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
- Chlamys (Mimachlamys) Iredale, 1929
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense dentro do xéneero as seguintes especies:[2]
- Mimachlamys albolineata (G. B. Sowerby II, 1842)
- Mimachlamys asperrima (Lamarck, 1819)
- Mimachlamys cloacata (Reeve, 1853)
- Mimachlamys crassicostata (G. B. Sowerby II, 1842)
- Mimachlamys cruentata (Reeve, 1853)
- Mimachlamys funebris (Reeve, 1853)
- Mimachlamys gloriosa (Reeve, 1853)
- Mimachlamys meli T. Cossignani, 2016
- Mimachlamys punctata (Gmelin, 1791)
- Mimachlamys sanguinea (Linnaeus, 1758)
- Mimachlamys scabricostata (G. B. Sowerby III, 1915)
- Mimachlamys spinicostata Dijkstra & Beu, 2018
- Mimachlamys townsendi (G. B. Sowerby III, 1895)
- Mimachlamys varia (Linnaeus, 1758)
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]O hábitat das especies deste xénero son fondos dos océanos temperados, até unha profundidade de varios centos de metros, desde o sur de Australia até Indonesia e, polo norte, até as Filipinas. Algunhas especies do xénero Mimachlamys conservan os seus fíos bisais durante a idade adulta e non nadan libremente.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Nas especies deste xénero, as dúas valvas son convexas, aínda que a valva esquerda é máis convexa que a dereita. As aurículas, proxeccións en forma de orellas a ambos os lados da bisagra, son desiguais en tamaño, sendo sempre a anterior moito máis grande que a posterior. A raigaña bisal é profunda, e as valvas son xeralmente similares na súa escultura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lazo, D. (2007): "Early Cretaceous bivalves of the Neuquén Basin, west-central Argentina: notes on taxonomy, palaeobiogeography and palaeoecology". Geological Journal 42 (2): 127–142.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Mimachlamys Iredale, 1929 no WoRMS. Consultado o 30 de agosto de 2022.
- ↑ Iredale, T. (1929): "Mollusca from the Continental Shelf of eastern Australia Nº 2". Records of the Australian Museum. Australian Museum, Sydney. 17 (4): 163.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mimachlamys |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mimachlamys |