Minúscula
Aparencia
Letra minúscula é a que, a diferenza da maiúscula, ten menor tamaño e, polo xeral, distinta forma. Como adxectivo, indica algo menor que o ordinario na súa especie. Coloquialmente emprégase como sinónimo de pequenísimo, mínimo.
- Letras minúsculas no alfabeto latino
a, b, c, d, e, f, g, h, i, l, m, n, ñ, o, p, q, r, s, t, u, v, x, z (j, k, w, y)
- Letras maiúsculas no alfabeto latino
A, B, C, D, E, F, G, H, I, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, X, Z (J, K, W, Y)
- en letra grosa as letras do alfabeto galego as outras úsanse en estranxeirismos.