Saltar ao contido

Mina de carbón de Miike

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio da mina de Miike, en Miyaharakou

A mina de carbó de Miike (三池炭鉱 Miike Tankō?), tamén coñecida como a mina de carbón de Mitsui Miike (三井三池炭鉱, Miike Tankō), foi a mina de carbón meirande do Xapón. Estaba situada preto das cidades de Ōmuta, na prefectura de Fukuoka, e Arao, na prefectura de Kumamoto.[1] Forma parte da lista do patrimonio da Humanidade da UNESCO desde xullo de 2015 dentro do conxunto «Lugares da revolución industrial da era Meiji no Xapón: siderurxia, construcións navais e extracción de hulla».[2]

A explotación da mina encomezou durante a era Kyōhō baixo o control do clan Tachibana.[3] No ano 1872 o goberno Meiji nacionalizouna[3][4] e en 1899 o zaibatsu Mitsui fíxose co seu control.[1] A mina pechou en 1997 arrasando a economía local.[1][5]

Catástrofe

O 9 de novembro de 1963 acaeceu unha explosión accidental na que morreron 458 persoas directamente pola detonación e 438 a causa da intoxicación por monóxido de carbono. Moitos dos sobreviventes quedaron afectados por lesións cerebrais graves e permanentes.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Karan, P.P. & Stapleton, K.E. (1997) The Japanese city University Press of Kentucky ISBN 0-8131-2035-7.
  2. «Sites of Japan’s Meiji Industrial Revolution: Iron and Steel, Shipbuilding and Coal Mining» (en inglés).
  3. 3,0 3,1 Norman, E.H. & Woods, L.T. (2000) Japan's emergence as a modern state: political and economic problems of the Meiji period, 59
  4. 4,0 4,1 Industrial pollution in Japan Arquivado 02 de decembro de 2010 en Wayback Machine. Chapter - 5 The Miike coal-mine explosion
  5. Workers get the shaft in Mitsui coal mine closure Asahi Shimbun, 18 de febreiro de 1997